viernes, 27 de junio de 2014

Abel Gance é coñecido polo emprego pioneiro de varias pantallas( e de grandes dimensións) para desenvolver a súa arte cinematográfica. Máis que coñecido no pais galo é o seu filme Napoleón. Un filme histórico que desvela a vida desta  figura emblemática. Non obstante a idea do filme non é tan importante como a maneira de tratalo mediante a expresión cinematográfica propia. O que tentaba Gance era crear unha escola de entusiasmo, enerxía, elevación, poderío, metamorfose, grandiosismo... e todo para crear un espéctaculo que fora seguido polas masas, á maneira dos teatros gregos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario