sábado, 20 de diciembre de 2014
Filles de Kilimanjaro é un disco de Miles Davis datado do 1968 que ten moito de experimental pero na liña marcada xa desde os 50 polo trompetista que é representante da vangarda jazzística. Uns envolventes temas que duran case unha hora e que nos farán espertar certas emocións unidas a unha viaxe ( sonora). Nesta época Miles era adicto a heroína, droga que lle traería a morte ( como a moitos outros compositores de jazz). Por momentos delicado e tranquilo, outros de caracter fortemente enerxético, oscilamos así entre subidas e baixadas como se quixeramos subir a unha montaña cun camiño non trazado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario