sábado, 7 de marzo de 2015
Becuz é outra forma de escribi-lo pero trátase do mesmo: afondar nas profundidades dunha máquina de lavar para atoparse con pedras que caen dun peto duns pantalóns vaqueiros. Algo así como un tesouro domesticado porque as xoias tamén se meten na lavadora( si, por descoido) e tamén se erosionan-como o amor, díganllo a Kim-. Porque non é unha canción tímida senón un alegato: o da liberdade. A realidade pode volverse máis real cando achamos un anaco, ainda que só sexa un anaco, doutras existencias. Duras elas como a pedra, valiosas elas como un tesouro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario