miércoles, 31 de diciembre de 2014

Comizi d'amore é un filme documental de Passolini no que podemos ver o retrato da sociedade italiana da época que se deixa interrogar polo director. Unha aposta por darlle voz á populación para crear un documento no que se fala do amor. E fálase con sinceridade ( ou iso é o que pretende o cineasta) pois as preguntas non firen a sensiblidade. Personaxe importantes, nenos na rúa, etc todos eles son suxeitos da película. En canto a estética está editada nun estricto branco e negro que lle confire unha dose de realismo histórico. Unha faceta do Passolini achegado ao cinema verité.

martes, 30 de diciembre de 2014

Este filme retrata especialmente ben o tema do amor na Franza onde teñen unha concepción do mesmo que versa entre a devoción e a liberdade. O protagonista quere ante todo sentirse libre e os sentimentos tan fortes que ten por ela impídenllo. Por iso a deixou dúas veces. Con todo o segundo encontro vai ser o último seguramente pois agora viven en cidades distintas; tería que ser o gran azar o que os xuntara de novo. Iso non o sabemos pero si que ela vai estar namorada del toda vida ainda que xa casada con outro. Porque esos amores duran para sempre.

lunes, 29 de diciembre de 2014

O paso do tempo, inexorábel pon o foco nas amizades reflexionando acerca do aburrimento. Esta canción de Los planetas supón que existen unhas épocas determinadas nas que nos queremos descolgar  de determinados feitos que rozan a monotonía e mesmo que nos fan non atoparnos. Quero ser eu dille ás súas amigas polo que ten que emprender un camiño distinto o que elas viñan facendo e atopar outras opcións vitais. O cambio como motor, a realidade como experiencia. Ela elixe querer encontrase e para iso ou convence ás amizades para realizar cousas novas ou as acabará facendo ela soa ou con outros.

sábado, 27 de diciembre de 2014

Low son ese grupo que todo o mundo quixera descobrer. Dá igual o momento pero mellor en estados de calma activa. En Words é todo un aniverso o que se recrea e a canción deixa un bo sabor continuando así ó pasar os cinco minutos que dura. O ton é descifrabélmente pausado cuns acordes de guitarra delicados que poñen un certo contrapunto. O baixo deíxase escoitar é leva a melodía do tema. Só fan falta dúas palabras que constatan a deriva fatidicamente luminosa do destino. O heroe é a cotidianidade aquela que nos leva a aclamar os saltos de eixe planificados.

jueves, 25 de diciembre de 2014

In a silent way consta de dous temas: Peacefull e It's about that time que se enteden non obstante como un conxunto pois danse paso sen trauma. Do ano 1969, dan constancia dunha época na que os valores postmodernos estaban en voga. A trompeta por momentos tocada soa elevan o ritmo a unha calma que atestigua os cambios de intencións, aqueles que nos fan pensar nunha batalla na que o héroe vai sair vencedor. Os momentos máis acelerados son como o campo da loita, pero sabendo que remata cun final feliz.

martes, 23 de diciembre de 2014

Na Arte sóñase cun mundo mellor e reificáse os rituais domésticos para darlles nova significación querendo acadar a beleza con actos cotiás que embora nos levan a novas formas de enunciación ( tamén plásticas). Pero aquí hai unha chamada á acción entendida nos termos que realizaba Yoko Ono co seu marido:" Make love not war. " Habrá que hacer el amor" porque a vida é moitas veces triste. Con todo é osado falarlle de poesía a alguén que coñeciches onte aínda que pode funcionar para polo menos pasar o tempo ou para crear un contexto no que a aura o envolva todo.
Algo así como poñerlle portas ao campo nun convite para ir  cear despois de terse mirado fixamente aos ollos. Unha canción que nos fai recordar unha tarde entrañábel e que nos remite a un contexto onde non hai que avisar para deixarse caer pola casa. E entre todo isto un animal ensanguentado que propón que reflexionemos sobre a alimentación. Pero este non era o tema senón que o camiño entre el e ela xa se iluminou e poden comezar unha andadura xuntos: aquela que os fai pensar en finais felices porque " tout va bien que fini bien".

lunes, 22 de diciembre de 2014

Esta noite foi a máis longa de ano. Nacho Vegas firma un tema co nome La noche más larga del año que se plantexa como unha oda ao momento, sen fisuras, pleno e que nos remite ao no future aclamado do movemento punk. De punk ten un pouco pero a súa voz fai que se convirta nun produto pop ( sen esquencer a música na que sobresae a súa guitarra tamén pop). Pero dita actitude faino bocexar temas como a non- espera, a de suxeitos activos do propio devir; e esta conducta vaise completar con palabras do universo surrealista como o amor e  a absurdidade.

sábado, 20 de diciembre de 2014

Filles de Kilimanjaro é un disco de Miles Davis  datado do 1968 que ten moito de experimental pero na liña marcada xa desde os 50 polo trompetista que é representante da vangarda jazzística. Uns envolventes temas que duran case unha hora e que nos farán espertar certas emocións unidas a unha viaxe ( sonora).  Nesta época Miles era adicto a heroína, droga que lle traería a morte ( como a moitos outros compositores de jazz). Por momentos delicado e tranquilo, outros de caracter fortemente enerxético, oscilamos así entre subidas e baixadas como se quixeramos subir a unha montaña cun camiño non trazado.

jueves, 18 de diciembre de 2014

No café da xuventude perdida é unha novela curta que nos sitúa no Paris máis bouleversante. A través dos paseos pola cidade das personaxes principais imos descubrindo os lugares máis  bohemios,como os cafés literarios. Elas son dabondo undergrounds e viven o día a día ( no future) e mesmo son nihilistas non tendo ningún proxecto para l'avenir. Non obstante achamos que os libros desas tertulias son non so unha vía de escape da realidade senón un refuxio de comprensión da propia vida. E en todo caso se un está un pouco ailleurs sempre pode situarse nunha "zona neutra".

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Morir ou matar é un dos títulos máis contundentes de Nacho Vegas, no que os constrastes de actitudes son a fórmula para que unha relación estea avocada ao fracaso. E sobre todo as ganas de non falar, comezando no silencio e pasando polo terror. Falar do que puido ter sido e do que xamáis será. Case recitada na canción destaca unha guitarra rasgada e asimesmo notas dun piano.  Un dos temas constantes nel está a tortura diaria do hastío e querer adiviñar o futuro cando pronosticaron esas malas novas que por outra parte serán transmitidas desde un hotel. " Déjame de una vez", " Te quiero un mundo entero".

martes, 16 de diciembre de 2014

The Velvet Underground & Nico: un albume de referencia e de todos escoitado xa sexa nunha etapa ou noutra da nosa vida( ainda curta). A modelo sorprende ao mundo artístico de n.y aló polos setenta interpretando boa parte dos temas. Atendendo as bandas sonoras , neste caso diexéticas, recordamos Last days, concretamente a secuencia na que chegan dunha noite de festa e poñen o disco. Kurt non estaba alí; estaba na cociña preparando uns espaguetis pero acaba comendo cereais porque o seu posto non lle permitía facer nada máis. A canción era Venus in fure.
Nouvelle Vague asinan un album homónimo que é unha auténtica delicia. Achamos todo un disco de versións dende a do comezo- Love will tear Us Apart- de joy division pasando por The cure ou Undertones. Unha voz tremendamente doce- se é que estas dúas palabras poden estar unidas- que envolve ós instrumentos creando unha atmósfera certamente cálida e asombrosa xa que nos fai resignificar estas cancións que todos coñecemos e que son un fito na historia da música contemporánea.

viernes, 12 de diciembre de 2014

As denominadas Pinturas Negras son un conxunto de 14 obras murais de Goya, realizadas a comezos do século xix. Destacamos Saturno devorando un fillo. Esta obra desvela a asimilación dun mito e o feito de que a cultura clásica segue a ter reflexo nas artes. Foi exposta no Museo do Prado no 1889 xa trasladadas a lenzo.  Crono deus do tempo ( en Grecia) deboraba aos fillos que tiña con Rea por temor a ser destronado. Segundo Freud está relacionado coa destrucción e mesmo coa melancolía. En canto á estética destaca o claroescuro e os tonos apagados e resalta a cor vermella do sangue que se desliza polo corpo do fillo.

jueves, 11 de diciembre de 2014

El Prado non se cortan. Como bo grupo de postpunk din o que queren dicir sen contencións e cun estilo peculiar, un algo que os caracteriza e os fai xenuinos. Poida que esta peculiaridade veña do ton da voz do cantante ou por unha composición das letras claramente poético-política, que polo tanto non renuncia á literatura construindo significados que proveñen do simbólico " ellos como caviar y a nosotros nos mandan comer cerdo". Unha metáfora dun mundo dividido entre as clases ociosas e os traballadores. E seguen " los mandan darles las gracias: gracias, gracias".

miércoles, 10 de diciembre de 2014

As primeiras obras de arte estaban ligadas ao culto. Tiñan polo tanto unha función específica e matefísica ( ainda que ésta non fora inventada como paradigma) e demostraban o carácter místico das culturas primitivas. Walter Benjamin reflexiona sobre elo en Sobre a fotografía. Na actualidade, esta disciplina está liberada dos preceitos máxicos. A fotografía entre a arte e o progreso como dúas constantes que teñen que manter unha relación na que un se apoia no outro. O seu devir trascorreu de maneira que pasou de ser un obxecto en mans privilexiadas a incorporarse de forma masiva no consumo das masas.

martes, 9 de diciembre de 2014

Ocho y medio é un dos temas máis significativos do universo de Nacho Vegas. Nun ton coma sempre nostálxico aparécenos unha imaxe dunha habitación lúgubre. E unhas veces pensa en sangue e outras veces nela,"en ti".E relata a historia do anxo explusado por non ter fé. E considerando a potencial saída inexistente na compresión literaria continúa describindo situacións simbolistas: a do paxaro enviado por ela, azul, que morre nas súas mans. Chove. Continúa a chover en todo o relato. Os deuses xa non responden e ainda non sei fixo a luz.

lunes, 8 de diciembre de 2014

Jules et Jim e un dos monumentos da Nouvelle Vague do ano 1962. Truffaut basease nun feito real para a construcción do filme. Unha historia de amor que remata en traxedia desvelándonos a idea de que o amor pode ter consecuencias insospeitadas. Ponnos en posición de observadores pero fai que nos identifiquemos con unha ou outra personaxe; polo tanto tomamos partido. Un relato dunha relación a tres. Ela non é capaz de elexir pois ama ós dous compañeiros. Os ciumes que nela se manifestan levan ao desenlace fatídico. Que facer cando se ama tan apaixoadamente?

sábado, 6 de diciembre de 2014

As nosas percepcions estanse adaptando a novos medios de comunicación entendidos  en sentido amplo como aqueles enunciados codificados pola técnica que chegan ós receptores que tamén mudaron. Agora queremos outra cousa: cambiamos coa tecnoloxía. Todo é máis inmedito todo é máis rápido e eso ten o seu reflexo nos produtos que consumimos. Poida ser que os discursos non sexan outros pero si a maneira de expresalos. Así achamos unha sociedade saciada con novas propostas que se move entre campos tecnoloxicamente avanzados.

jueves, 4 de diciembre de 2014

A segunda canción do disco Sonic Nurse é un bo exemplo do que pode xurdir cando cantamos coa emoción do primeiro día, unha voz que é como o voo un paxaro que se pousa no cumio dun penedo despois dunha longa viaxe; así se asenta a voz nas notas, repousada e acubillada polas mesmas. Unha viaxe sonora por un universo onde fluctuan signos de eclepticismo que combinan a perfección e que derivan nun mundo sui generis, o propio do grupo que xa ten máis de 2 décadas de existencia e séguenos a parecer xenuino e séguenos a sorprender.
Pattern recognition é máis que unha canción coa que se abre maxistralmente un disco, é case un himno xeneracional, un alegato de liberdade que se dilúe entre o son sempre característico do grupo. Seguen a soar como ao comezo pero non deixa de ser algo novo, orixinal combinando o grunge co noise e mesmo o post punk. E é de esta mestura de onde xorde a singularidade e como mantra soa en toda a canción " you are the one" que desvela un suxeito anónimo que ten un sitio de honor na súa vida. O final só con instrumentos da proba dos xéneros eclépticos e do carácter experimental.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Todo acerca del cariño do Sr. Chinarro é unha canción suxerente como por outra parte toda a súa obra. E asimesmo hai moita dose de surrealismo, pero do cotiá aquel que se cola entre as laranxas pola mañá na cociña. E tamén é unha historia de amor a primeira vista que se prolonga no tempo e se fai eterno. O ton da canción empeza de maneira case humorística e despois relata a historia de dito reencontro e sen deixar de facer crítica social- como a fame- . Entre os instrumentos destaca na segunda parte da canción unha trompeta que da paso ao fin: un roce permanente.
Getatchew Mekurya asina as súas cancións co selo da orixinalidade, que non obstante esta chea de raiceiras, aquelas do mundo africano que transforma en cancións ritos ancestrais asolagados polo son do saxo que ora está en primer plano ora se disolve no plano musical. Todo isto aderezado con moitas pingas de optimismo e provocando as ganas de danzar dun xeito harmónico atendendo as notas sincopadas. Unha boa ocasión para levantar o ánimo con por exemplo a canción titulada Aynamaye Nesh.