lunes, 8 de junio de 2015

Nace no 1965 en Uk e segue a facer arte, eso si, rara, moi rara. Nela emprega animais, en formol como tiburóns no seu medio natural: a auga. E é esa mesma auga a que lle proporciona o rol de moldeador doutras realidades, neste caso o medio acuático. Pode parecer macabro, pode non gustar pero impacta, e mesmo podería ser anti-ético. A súa obra máis importante e A imposibildade física da morte na mente de alguén vivo.O tema fundamental  é a morte tamén son cotizadas as súas caravelas con dentes humanos e diamantes. Outra dimensión.

domingo, 7 de junio de 2015

Homogenic encerra unha canción que nos planta noutro planeta. Pluto, un reducto electrónico para deixarse levar como mínimo a outras latitudes, as que son etéreas e máis relaxadas con repeito a lei de gravidade. Porque os propósitos son os de atopar novos puntos de intersección que nos unen co outro, co diferente, co descoñecido e no que o baile está presente. Un baile no que nos collamos polas mans e formemos un círculo como se dun ritual se tratase para logo soltarnos e volver cada un á súa capsula, ao seu corpo.

viernes, 5 de junio de 2015

Nike Savvas propón na instalación Atomic:full of love full of wonder que a función da arte estea asociada ao xogo. Este aspecto lúdico léva-nos polos roteiros do placer per se e trasláda-nos a un mundo creado para o goce. Centos de globos pendurados de fíos transparentes con diferentes cores nas que predomina o laranxa fan despertar a nosa imaxinación para trasladarnos a unha feira na que mergullarnos sentíndo-nos rodeados de fantasía. Esta que provoca a ledicia da explosión cromática e a forma circular, como parte dun estado harmónico aínda que caótico.
Duel at the sun é un filme que non deixa indiferente, sobre todo polo seu grandioso final. Nel combínanse todas as paixóns e tamén as pulsións máis importantes: a do amor e a da morte. Eros e Thánatos unidos nunha mesma secuencia que nos remite á vinganza e á victoria. Unha victoria na que unha aperta vale máis que o disparo dunha bala. Combinación de emocións e sentimentos que mesturan sen saber cal é máis forte, máis poderos e que motivan a acción no espazo desértico do western.

miércoles, 3 de junio de 2015

Unha sinfonía de texturas sonoras habitan este disco de Arcade Fire, The suburbs. Un coche antigo que se para diante da exótica palmeira dunha casa que poida que non estea habitada. Non hai ningén: estamos na espera. A soidade da espera fainos ansiar o outro, a sociedade, a estructura, o sistema, nun contexto antisistémico no que cada cambio é unha melodía diferente- como no disco- e na que nomes de cidades como San Francisco activan a posiblidade de emprender unha viaxe(aquela que nos fará retornar coñecendo sabores de froita novos).

martes, 2 de junio de 2015

Tapiès morre no 2012. Considerado un dos representantes pictóricos da vangarda catalá ofrécenos todo un mundo plástico sui generis polo que transitar. Os seus lenzos poden ser explicados desde concepcións postmodernas na que a mextura de materiais está presente e é unha característica dos mesmos. As cores ocres combínanse con vermellos fortes que aparecen nas composicións como símbolos de forza e contrapuntos semellando unha corrente poderosa que arrastra cara lugares insólitos todo o demáis.

lunes, 1 de junio de 2015

An awesome wave respira aires de, por exemplo,  Hawai, onde atopar praias que son paraísos naturais, e asimesmo trasláda-nos a lugares enigmáticos como unha pirámide abandoada.  Nestes dous polos achamos que a música de alt-j é sumamente híbrida, con compoñentes electrónicas pero tamén co valor lírico da voz, que chega ao ouvido por momentos soa, sen acompañamento instrumental. Logo ao deixarnos levar podemos sumerxirnos nas augas e observar todo tipo de animais subacuáticos que tamén parecen bailar ao ritmo deste disco.