domingo, 31 de agosto de 2014

John Cage pai da música experimental que xorde en N.Y ofrécenos unha achega co piano chamada Dreams. Un paseo tranquilo por unha composición que a diferenza do grosso da súa obra non é tan experimental senón que bebe de fontes clásicas, da maneira clásica de tocar este instrumento influenciado entre outros por Erick Satie. John Cage morre no ano 1992 e tras de si deixa unha obra que pasará a historia. Esta é 4'33, composición sen nengunha nota, é dicir, o silenzo e que foi interpretada para o público con orquestra.

sábado, 30 de agosto de 2014

Unha delicia, enmarcada nas notas dunha guitarra clásica. Así en acústico canta Damien Jurada Everything Trying, canción delicada e ensoñadora que nos transporta a un mundo onde mirar directo ós ollos da persoa amada , en profundidade, ata descubrir a súa aúrea. Vemos unha performance del no medio dun bosque en Colorado, facendo da súa voz un elemento máis da natureza. Desde esta perspectiva nada pode ser erróneo achegándonos ó concepto de beleza e de verdade. Unha delicia, o dito e é máis un alegato á sinceridade.

viernes, 29 de agosto de 2014

A cadencia como o sfumato dunha pintura disólvese durante os tres minutos de canción. Tree Bones de Port O'Brien é un percorrido por consideracións de orde familiar na que se fai referencia á relación entre irmáns a través dunha paisaxe onírica na que a natureza está presente. As notas de guitarra van acompañadas de sons de violín que leva o fío rítmico en toda a peza. E en todo este entremado a casa como fin a conquerir, atopar un fogar, un novo no que poder descansar dunha viaxe emprendida para descubrir unha sensación de liberdade.

jueves, 28 de agosto de 2014

Esta canción é , como case todas as súas, un misterio. Un misterio doméstico no que dislucidamos unha relación que, parece, acaba de comezar.Semella que os dous non se coñecen ben, ou non o suficiente porque aínda se crea a sorpresa. Unha letanía de accións que desvelan que o día a día pode convertirse en algo extraordinario. A canción é O peor poema e o autor é  Sr Chinarro.  O ton da mesma demostra que hai unha especie de pacto de convivencia pero que, con todo, tamén hai marxe para berrar.  E que sempre se pode cambiar de tema( no peor poema).

miércoles, 27 de agosto de 2014

Vilgot Sjöman firma Son curiosa amarelo/ Son curiosa azul, un filme díptico do ano 1968. A protagonista é  unha muller que vive  a súa  década dos vinte e pertence a sociedade sueca, como o director. O filme fai un repaso pola súa vida, unha vida levada a cabo de maneira alternativa ao mainstream e que tamén se encadra nas loitas postmodernas do ano 1968.É salientábel no filme (con respecto a nosa posición de cidadáns do estado español) que na época da dictadura franquista ela, a modo de xornalista- independente- pregunte á xente que ve pola rúa que é o que pensan do rexime de Franco.

martes, 26 de agosto de 2014

Whatever Works ( Se a cousa funciona) de Woody Allen estreada no 2009 é un cántico a transformación persoal e social. As persoaxes que vindo dun medio tradicional cambian ó chegar  N.Y  emprenden unha vida totalmente nova e distante do que era. Non obstante, a protagonista femenina xa tiña idea de facer algo distinto coa súa vida no momento de iniciar a viaxe, non así a súa nai quen chagaba a  cidade coa pretensión de que a súa filla regresase ó campo. A nai dela é para min a grande triunfadora e a personaxe que acada unha maior metamorfose. Con todo o final feliz, rematando cunha oda chea de ledicia, é-o para todos eles.

lunes, 25 de agosto de 2014

Songs from Woody Allen's films é unha coleccción de cancións que aparecen nos filmes deste director. Cómpre destacar primeiramente que el tamén é músico e que polo tanto debe ter unha sensibilidade especial para esta arte. En case todas as súas películas elixe música jazz, recurrindo ós standars. Este volume é polo tanto unha ocasión inmellorábel para achegarse a este xénero e asimesmo para poder sumerxirse de novo nas súas películas empregando o oído.

domingo, 24 de agosto de 2014

O cubismo foi o movemento artístico que precediu as vangardas ( in sricto senso) a comezos do século xx, xa no primiero decenio. O fundamenal deste movemento é que racha cos preceptos renacentistas de perspectiva creando o lenzo desde todos os pontos de vista do obxecto a representar, trazando así unha perspectiva múltiple. Entre os seus fundadores destacamos ó fundamental Picasso ( quen viñera dunha tradición pictórica anterior clásica) sendo unha das súas obras, O Gernica, un fito. A aparición da fotografía permitiu á pintura liberarse da representación da realidade e optar por novas vías.

sábado, 23 de agosto de 2014

Canto ás espigas(1929) de Maruxa Mallo demostra que as súas pinturas están fortemente influenciadas polo ideario galego e as súas costumes. O millo vén sendo un alimento que destaca na ideosincrasia de Galicia. Así, achamos o mundo rural nos lenzos pero como elemento de pinceladas surrealistas pois éstos están, como se dunha acrobacia se tratase, enriba dos dedos da muller que os sostén. Unha muller, como moitas que aparecen na súa obra, inmortalizando a figura femenina. Non deixa de ser unha pintura figurativa pero achégase ó estilo cubista polos trazos marcados e as hipérboles que no seu conxunto procuran unha visión metafísica.

viernes, 22 de agosto de 2014

Maruxa Mallo está considerada unha das pintoras máis vangardistas de Galicia que asimesmo pertence á xeración do 27 española ( xunto con Vicente Aleixandre, por exemplo). Nacida en Viveiro vaise a estudar a Madrid onde se relaciona con escritores e artistas como Salvador Dalí.Ó estalar á guerra civil foxe a Arxentina onde colabora na revistas de Borges chamada Sur. No 1991 recibe a Medalla de Galicia. De entre as súas pinturas surrealistas destacamos Canto das espigas ( 1929).

jueves, 21 de agosto de 2014

Ata finais de setembro podemos ver no Musée d'Orsay as esculturas de Jean Baptiste Carpeaux, escultor francés do século xix. A súa formación revela un alto coñecemento en técnicas do movemento. Por outra banda nunca abandoa os preceptos da arte barroca e a súa formación  e inspiración teñen que ver coas viaxes que realiza a Italia, principalmente a Roma.  A súa obra La Danse(1869) situada na fachada da Ópera de Paris foi duramente criticada por falta de decoro. Asimesmo realiza Bacante con rosas uns anos antes( 1961) onde podemos atopar motivos que proceden da mitoloxía grega.

miércoles, 20 de agosto de 2014

I'm so tired é a canción de Fugazi máis sosegada pois excepto esta todas son dunha enerxía case incalculábel. Non obstante falamos da música porque a letra si que está cargada de potencia. O camiño de cadanseu debe estar rexido polas decisións propias sen mirar ao redor. A envexa que se menciona na canción é un estímulo para seguir adiante e por iso non pode convertirse nun obstáculo que paralice. As notas do piano envolven nunha atmósfera cargada de intimismo para acompañarnos nun día no que precisemos un impulso.

martes, 19 de agosto de 2014

Un dos documentalistas máis relevantes da URSS foi Dziga Vertov. Para el o cinema é un sistema ó servizo da revolución e mediante a montaxe ( o aspecto específico do cinema) admite que se pode  formar ideoloxicamente. Pero ademáis é unha montaxe que se asimila ao fenómeno poético creando relacións entre unhas imaxes e outras que se basan nas figuras retóricas. Un paseo pola vila de Moscú é  o que realiza en  O home da cámara(1929) un dos primieros documentais da historia. Os seus traballos son denominados cine-verdade ( kino-pravda). Anos máis tarde, en Francia créase o grupo Dziga Vertov, dirixido por Godard para homenaxear a este cineasta, cuxo legado foi transcendente.

lunes, 18 de agosto de 2014

Man Ray en Nova Yorke foi un dos pioneiros no que a pintura abstracta se refire, nembargantes é coñecido máis polas súas fotografías. Entre elas atopamos unha de 1932 que retrata a Pablo Picasso e unha máis antiga ( 1922) onde podemos ver ao cineasta Jean Cocteau. Con todo son máis significativas a súas fotografías de espidos nas que practica con técnicas experimentais como son a solarización. Ray nace en USA pero trasládase a Paris onde entra en contacto co grupo surrealista ( xa antes en N.Y foi o cofundador do grupo dada desa cidade) e da época é a famosa fotografía o Violon d'Ingres.

domingo, 17 de agosto de 2014

A fotografía de Robert Doisneau e transparente e inequívoca retratando a realidade en si . Así o resultado por unha banda é dunha pureza artística e por outra consigue un efecto documentalista. Pretende co seu traballo extraer anacos de vida na cidade de París de onde é orixinario e faino deixando proba estética (eterna) en fotografías como a do" Bico ante o concello", pero non retrata só a xente anónima senón que tamén inmortaliza un instante da vida de Picasso en compañía da súa amiga Françoise Gilot no ano 1950.

sábado, 16 de agosto de 2014

A Chema Madoz concedíuselle o Premio nacional de fotografía no 2000. Un ano antes o Cegac realiza unha retrospectiva das súas obras de finais dos noventa. Os seus temas recurrentes son a transformación do espazo habitual e ou real, inducindo elementos novos a dita realidade. Esto é facer de obxectos cotidianos un algo que teña outro uso( convertir unha alcantarilla nun escorre pratos). Emprega principalmente o branco e negro para as súas composicións e volvendo sobre as temáticas tamén ten predilección pola choiva ou as imaxes producida pola mesma( un vidro con gotas de auga).

viernes, 15 de agosto de 2014

Ronen Golman é un fotógrafo contemporáneo que realiza fotomontaxes. Engade, ós elementos reais, anacos doutras realidades recreadas. Salientamos aquela na que un paraugas recibe como se for auga, unha bacanada de mazás, verdes. Destacamos a cor pois predomina o branco e negro( tanto no fondo como na vestimenta do home) pero é resalzada polo verde da froita. Non deixa de ser unha fotografía surrealista e incluso nos fai pensar en René Magritte, non obstante ten un pouso máis actual.

jueves, 14 de agosto de 2014

A natureza é fonte de inspiración de moitos artistas. Edith Meusnier traballa neste sentido coa creación de natureza artificial que  non oculta a verdadeira senón que a potencia nunha simbiose que fai chegar a catarse ao espectador. Empregando materiais textiles elabora mantos de vexetación que traspasan límites como pode ser o da beira dun río, unindo así as mesma con anacos de tea que permiten cruzar no ar a auga. O resultado é o dunha beleza que dialoga co espazo facendo despertar a imaxinación, pois invita a pensar en termos de harmonía entre o que xa está e o que pode ser.

miércoles, 13 de agosto de 2014

"Casa Tomada" é o nome da instalación de Rafael Gomezbarros que se pode ver la Saatchi Gallery de Londres despois de ter pasado por edificios emblématicos de cidades que tamén o son. Con esta  obra na que se poden ver formigas xigantes que se apoderan dos espazos, pretende dar visibilidade os inmigrantes de Colombia, o seu país de orixe, nun contexto no que a violencia nas súas diversas vertentes leva ós colombianos a desprazarse de maneira forzosa.  A peza forma parte dunha exposición que leva por título "Pangea: Nova arte de África e América Latina".

martes, 12 de agosto de 2014

Para crear conciencia sobre os desastres da guerra en Londres asistimos a posta en escena dunha instalación que conmemora a participación de Gran Bretaña na i guerra mundial. Consiste na construcción de máis de 800.000 amapoulas de cerámica que saen da ventá da Torre de Londres e que se extenden pola chan sendo a metáfora de todos os mortos na guerra. Foi realizada por un artista da cerámica chamado Paul Cummis e polo escenógrafo Tom Piper baixo o título Blood Swept Land and Seas of Red.

lunes, 11 de agosto de 2014

Son coñecidos os seus filmes psicolóxicos, non obstante tamén dirixe outros con temáticas diversas. Referímonos a Hitchcock e a Encadeados (1946). O director opta por unha historia de amor nun contexto político internacional como é o da fin da IIGuerra mundial. Concretamente son dous espías que tentan disolver unha organización nazi en Brasil. Está filmado en Rio de Janeiro e protagonizado por Ingrid Bergman e Cary Grant, dous grandes de Hollywood. Foi producida por RKO.

domingo, 10 de agosto de 2014

"Il n'y a hors du texte" palabras sobre a deconstrucción de Jacques Derrida, filósofo francés que morre a comezos do século xxi. Analiza desde fundamentos que veñen de Heidegger, precisamente da súa obra O ser e a nada, como os significados só poden ser relativos e polisémicos e que  éstos  poden ser extraídos da propia estructura da linguaxe na que están redactados. Así chégase a conclusión, contrapoñeéndose a idea de racionalidade, de que finalmente non se pode acadar ningún sentido concreto. Con isto, quere desvelar que non hai interior ou exterior dun texto e que as palabras tamén se miden polo que non está escrito e que ao final o que queda a e retórica   (confluíndo coa semioloxía)

sábado, 9 de agosto de 2014

Ano 1964, A love supreme. Coltrane. Potencia e elevación que fan desta peza un chamado á acción para así apostar a todo ou nada entre notas precisas e voces que recitando as palabras " a love supreme" nos achegan a carón dunha composición   case sobrehumana polo que ten de espiritual. Un rito que hai que saber encallar, facer chegar a porto, e levalo a través das sinuosas e directas demostracións de virtuosismo, coa paixón daquel que  sen máis acolle, no abismo,  a ovación entre as súas mans que son o medio para expresar, se cadra estupefacto, a ledicia do que manifesta con elegancia  os sentimentos máis sublimes.

viernes, 8 de agosto de 2014

Once upon a time. A terra chá. E o título dunha canción de A.E. Mestura de paisaxes entre USA( nos territorios máis antigos) e Galicia onde as experiencias propias relatan o que non deixa de ser unha vivencia común. Seica me declararon a guerra. Así comeza, e relata con un ton espiritualmente cotiá as abnegacións por límites do vivido e ávido de ter máis presenza. En primeira persoa, acada un motivo plural, levando as letras a territorio propio, desvelando que o alleo non é máis que o que rechazamos e conxugando a perda coa historia, aquela na que as conquistas tamén son unha autobiografía.

jueves, 7 de agosto de 2014

O raio verde de 1985 é un filme de Eric Rohmer que narra con auténtica paixón pola cotidianidade como a búsqueda do amor é ante todo un fenómeno no que conta o inesperado e  que ademáis se conxuga coa propia manifestación da natureza, e así vemos un todo entre o ser e a mesma, non obstante é preciso estar moi atentos ós signos que nos fan levar ó mesmo pois é todo tan delicado que un pensamento abrupto pode desfacer o destino. Tamén é un filme de loita persoal, de chegar a encontrase a si mesmo. Non se pode abdicar para atopar o amor, éste é o refrán do filme.

miércoles, 6 de agosto de 2014

Se chegamos a percibir o movemento dun filme é grazas a persistencia retiniana. A retina reacciona ó recibir a luz, formando unha compoñente ácida, que transmitida a través do nervio óptico chega ó cerebro e permite a sensación de continuidade.  Deste xeito as fotos fixas unha detrás de outra producen dito movemento. A velocidade estandar é de 24 fotogramas por segundo no cinema. O sistema visual pode ser entendido como a capacidade de resposta ós estímulos luminosos. E así pásase da percepción á interpretación e aquí cada cultura ten os seus propios códigos.

martes, 5 de agosto de 2014

Foi Newton quen aportou os primeiross coñecementos científicos sobre a cor, estudiando a desviación da luz mediante un prisma. Deu o nome de espectro coloreado á dispersión das cores que se obtén a partir da luz branca. Por outra bando Goethe, analiza a cor segundo un ponto de vista subxetivo,  das impresións visuais da mesma.Na actualidade unha tarxeta gráfica pode recoñecer máis de 16 millóns de cores. Unha definición da cor pode ser a seguinte: cando un raio luminoso incie sobre un obxecto éste absorbe todas as lonxitudes de onda excepto unha que é reflexada cara ó ollo e que constitúe a cor dese obxecto.

lunes, 4 de agosto de 2014

O museo da luz, en México d.f. foi inaugurado en 1996 e desde esa data alberga as obras de arte feitas con luz. A súa ubicación está no Patio do que foi o Colexio de san Ildefonso e é admimistrado pola Unam. Para chegar a el cómpre baixarse do metro O zócalo que está a carón  da praza do Zócalo, lugar central da orografía da cidade. Asimesmo impártense talleres entre outros sobre os fundamentos e principios da fotografía, como tamén sobre a natureza da luz ( enerxía electromagnética emitida polo sol ou por outra fonte luminosa).

domingo, 3 de agosto de 2014

Considerado un dos precursores da abstracción, Kandinski realiza as súas pinturas a comezos do século xx. Os seus lenzos cheos de cor fan da expresión colorímetra o fundamento das mesmas. Até o momento en que el compuxo os seus cadros exístía a realización a través da  figuración e foi el quen non obstante comezou a trasladar á pintura a composición a través das emocións que o simple quefacer plástico  lle proporciona.En 1912 publica Do espiritual na arte onde plasma a súa crítica ás institucións artísticas tradicionais considerando que a arte nova debe basearse na linguaxe da cor.

sábado, 2 de agosto de 2014

Na Amazonia, indíxenas saen por primiera vez do seu territorio(no norte da selva amazónica) e ésto é grabado por unha cámara do departamento de asuntos indíxenas. Eles son chamados o pobo do río Xinane e a causa da súa saída segundo expertos pode ser que estiveran en contacto con compradores de terra ou mesmo con traficantes de drogas. Segundo a  Funai(departamento de asuntos indíxenas do Brasil) serían unha cincuentena. En xeral as tribus en canto a número van de cinco a cincuenta e rechazan o contacto exterior por causa de experiencias dolorosas como invasións e destruccións.

viernes, 1 de agosto de 2014

Belmodo é para Godard o que Jean Pierre Léaud é para Truffaut. Léaud comezou con dito director dende neno protagonizando Os catrocentos golpes que coma Ao final da escapada é do ano 1959 e tamén supón un fito na nacente Nouvelle Vague. Léaud interpreta o papel de Antoine Dionel ( xa nos 400 golpes) e vinte anos máis tarde emprendería unha saga de filmes coñecidos como as aventuras de Antoine Dionel nas que destacan a famosa Bicos roubados. Non obstante tamén o podemos ver noutros roles como en Pierrot le fou ou A chinesa. Nace no ano 1944 e segue a facer filmes.