sábado, 31 de mayo de 2014

Ven de estrearse o filme Maléfica protagonizado por Angelina Jolie. De novo Hollywood bota man de contos clásicos ( os irmáns Grimm) para realizar outra produción. O que máis sobresae a nivel técnico e a caracterización das personaxes, en concreto a de Maléfica pero o importante non deixa de ser a historia. A partires da mesma  entrevese a dicotomía que existe entre a clasificación das mulleres en dous polos: as boas e as malas. Se pasamos por alto a mesma observamos que no mundo real estas diferenzas difumínanse e mesmo se entremezclan pero as historias populares( xa case o é esta)  deixan un pouso na sociedade. 

viernes, 30 de mayo de 2014

O ser e a nada. Este título de Sartre vén podía cuestionar e analizar a nova obra de Marina Abramovic pois ésta como di a artista non trata de nada. Esta idea non é nova na arte pois xa facían uso da mesma os cineastas da Novelle Vague que pretendían contar nada ou case nada. Así achegámonos á obra en si e para si e a linguaxe plástica estaría da parte da construcción e non tanto da trama e significado. O título é 512 horas e a materia do mesmo son: ela e o público. Xa nos cautivara con aquela performance na que se sentaba en fronte a persoas coñecidas sen se dicir nada, levándoa aqui ó seu extremo. 

jueves, 29 de mayo de 2014

You may write me down in history/With your bitter, twisted lies,/You may trod me in the very dirt/But still, like dust, I'll rise. Este é un poema de Maya Angelou que acaba de falecer aos oitenta e seis anos de idade. Ela é unha representante e icona mesmo  da loita afroamericana a través da realización artística e /ou cultural. No noso país é pouco coñecida pero non así no mundo anglosaxón facendo eco da súa morte a meirande parte de xornais. No ano 1993 firma un filme co suxerente e contundente título "Poetic Justice" sendo considerada como unha riot.

miércoles, 28 de mayo de 2014

Se non hai compromiso non hai verdadeira fotografía. Son as palabras de Sebastián Salgado, fotógrafo que achega así esta arte ó documentalismo, o que fai fincapé nas dúas variantes ás que se atén. Por un lado ese aspecto artístico e por outro o de documento podemos dicir case histórico. As fotografías así non deixan de entrever a vida do fotógrafo , é máis, ambas van unidas. Asimesmo recorda que perante os avanzos tecnolóxicos ( o dixital enténdese) os profesionais deberon adaptarse e os que non o fixeron perderon unha oportunidade importante.As súas fotografías son todas en branco e negro, vendo nesa opción unha abstracción.

martes, 27 de mayo de 2014

En declaracións para un medio dixital Michael Haneke ven de defender as súas películas coa consideración de que son normais, que esa é a normalidad( baixo apariencia de delirio) e que ademáis co cine e as demáis artes téñense que mover as mentes ata o ponto de inquietar e non así calmar. Sabemos que os seus filmes son extensións concretas de confictos humanos e que as temáticas non deixar de rondar a condición dos mesmos poñendo ás personaxes en situcións e dilemas extremos. Dende calquera perspectiva o su cine achéganos a esas realidades que como espectadores temos que facelas nosas.

lunes, 26 de mayo de 2014

As eleccións ó Parlamento europeo deixan ver que estamos ante un avance da dereita fascista en moitos paises da Unión. Falamos principalmente de Franza onde a filla de Le Pen consagrouse como gañadora . Outro dos paises de Europa máis importantes, Alemaña,  dálle o voto a súa actual presidenta Merkel. 
En España o resto de partidos que non son o pp conquiren máis votos que éstos,  polo que, se o voto se mantén, nas estatais podería haber unha grande coalición de esquerdas. 

domingo, 25 de mayo de 2014

Vivimos munha sociedade globalizada, sen dúbida. 10.000 kilómetros é un filme que desvela esta realidade a través dunha construcción narrativa que retrata o amor na distanza. Non só pola temática é actual senón que indaga e manifesta unha nova linguaxe  que se pode considerar metacinematográfica posto que as pantallas a través das que se comunican as dúas personaxes  non deixan de ser un "algo" como o cinema. A obra é autoría de Carlos Marques-Marcet quen firma a súa primeira longa e foi presentada en festivais como o de Austin en USA.

sábado, 24 de mayo de 2014

Un certain regard é o premio que Cannes ofrece ás producións máis experimentais. A fipresci( federación internacional de críticos de cine) deulle o galardón a coprodución arxentino-mexicana Jauja  dirixida por Lisandro Alonso. Mentras comeza a premiación agardamos pola Palma de ouro que este ano pode recaer no filme Adieu au langage de Godard( sería a primeira vez). Nembargantes a obra deste realizador parece ser demasido arriscada para conquerila; entre outros factores porque está protagonizada por un can. Godard non deixa de sorprendernos. Cannnes segue o seu curso.

viernes, 23 de mayo de 2014

En Tailandia houbo onte un golpe de Estado. O exército anulou a Constitución e impuxo a lei marcial. Os medios de comunicación retransmitiron en directo o golpe e despois interrompéronse as emisións para deixar paso a contidos patrióticos. A  primeira ministra, Yingluck Shinawatra, estaba desaparecido. Os manifestantes serán detidos. Este é o clima de inestabilidade dun pais no que a democracia na súa vertente máis clásica ainda non ficou asentada. Despois desta viría a capacidade do pobo non só de escoller goberno senón de decidir directamente sobre os asuntos deste; pero  nesto aínda estamos en Europa, na idea de empoderamento da sociedade civil.

jueves, 22 de mayo de 2014

Darren Aronofsky é un cinesta neoyorkino nado a finais da década dos sesenta. Os seus filmes están enfocados a analizar as relación sociais que se efectúan en situacións extremas tanto sociais como psicolóxicas. É o director do famoso filme Requiem for a Dream e ven de publciar neste ano a súa nova aportación Noé. Este director comezou no mundo das curtametraxes antes de lanzarse ás longas, como sucede en moitos casos. A súa obra dá especial importancia a posta en escea, sendo un cineasta da imaxe, con encadres arriscados que o fan representante do cinema indie norteamericano.

miércoles, 21 de mayo de 2014

281 anti nuke é un grafiteiro coñecido como o Banksy xaponés. Nas súas obras reflíctese o seu compriso social sobre todo a súa militancia no anti-nuclear. Sempre con gafas de sol leva ás rúas de Tokio un andamiaxe de propostas que versan en torno a temas que desde fai décadas preocupan ás novas xeracións. Non nos esquezamos de Chernobil e a catástrofe que levou aparellada, e por iso este tipo de reivindicación non deixa de estar de actualidade. O anti-nuclear é unha protesta que se extenden por todo o planeta e que en Xapón non deixa de estar presente. 281 anti nuke fainos pensar e reflexionar sobre como ten que estar administrado o mundo.

martes, 20 de mayo de 2014

A cuestión da aura nas obras de arte é algo que vén marcando o mundo da Arte desde os seus comezos. Así as primeiras obras tiña un valor de culto que as achegaba ó máxico. Na época da reproductibilidade técnica o valor de seres un algo único desaparece, como di W.Benjamin nos seus escritos sobre a fotografía, e agora é cando a aura se transforma noutra cousa que non é máis que unha certa lonxanía que nos fai entrar asimesmo nos parámetros do belo. A beleza segue a ser o fin último dunha obra de arte e esta consíguese a través da construcción dun algo auténtico ainda que se poida reproducir.

lunes, 19 de mayo de 2014

Boko Haram é unha organización extremista islámica de orixe nixeriano. Sabemos que despois do 11S o islamismo é un dos focos nas relacións internacionais e case que unha alarma para a estabilidade do sistema mundial. Este non só pertence a zona xeográfica de Oriente Medio e Asia senón tamén en África.
Para este grupo a relación co mundo occidental está prohibida e perseguida e xa levan un bo número de mortes por esta causa. Un xuiz do estado español sostén que é preciso unha reforma do sistema do dereito internacional posto que se o líder este grupo viñera a España non podería ser detido. O fundamentalismo relixioso( islámico) é unha das chaves para entender a política do século xxi.

domingo, 18 de mayo de 2014

O Musée d'Orsay está situado nunha antiga estación de trens de París. Alberga as pinturas máis representativas do século xix e é unha ponte entre a arte clásica( Louvre) e a moderna( Pompidou). Concretamente e especialmente pódese ver as obras do postimpresionista Gauguin, que realizou a súa obra influenciado polas paisaxes naturais e humanas tanto do Caribe como de Oceanía, onde Francia tiña os seus territorios de ultramar. Esta racha co gusto burgués imperante na época e desvela a través sobre todo da cor lugares e persoas éxoticas. Hoxe é o día internacional dos museos.


viernes, 16 de mayo de 2014

Un día como hoxe pero de 1863 publicouse en Vigo Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Esta data dá pé á celebración do Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Xosé María Díaz Castro e que é instaurada pola Real Academia Galega (dende 1963). Díaz de Castro naceu en Guitiriz en 1914 e morreu en Lugo en 1979. O seu libro Nimbos(1961) condensa a poesía de toda a súa época. Estes son uns versos deste poemario, da  parte Soños: "Hase de amar a cousa hastra que sangue./O verdadeiro amor enferra en neve,/ara nun mar de rosas suco leve,/ ai pro acadulla en sangue."
Os anti-mundialistas en Brasil segundo os xornais franceses non son tantos como semellaba. Seguro que hai moitos máis que non se manifestan. O fútbol nestes tempos é considerado como o deporte rei, e un mundial e o seu epicentro. Non obstante os que están en contra del opóñense a un derroche de cartos cando hai moita poboación que está a pasar fame e berran que non queren futbol senón dereitos sociais. Son contrapostos? Sobre todo sabendo que Brasil é unha canteira de bos xogadores...

jueves, 15 de mayo de 2014

Xa comezou o festival de Cannes e dende as canles online francesas podemos ver o que alí sucede, en directo. Pois ben,  a parte que me tocou ver a eso das 5 da tarde de onte foi a Nicole Kidman coa equipa do filme sobre a dinastía de Mónaco na alfombra vermella atenta e disposta ante o ollar tecnolóxico dos fotógrafos que dun lado e do outro demandaban máis sorrisos. O traballo de fotografar as estrelas do festival leva aparellado unha atención para captar o momento preciso: un bico ou unha mirada cómplice. O importante con todo é sacar glamour.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Xa comezan a saír as programacións dos festivais musicais do verán. L'orient le jour ven de publicar os que se desenvolverán en Byblos entre xullo e agosto. Byblos é a cidade aínda conservada e habitada máis antiga do mundo ( 5.000 ac) e dá nome asimesmo ás escrituras sagradas. O Líbano está rodeado de conflictos pero a súa guerra civil xa pasou: Os amigos da miña xeración deste país viviron a guerra civil cando eran novos tendo que emigrar moitos deles. Agora coa situación política máis estábel podemos disfrutar dos concertos da estación estival.

martes, 13 de mayo de 2014

Que pasa en España? Que o pp e psoe queren facer unha grande coalición? Sobre que parámetros se basan para a súa formación como grupo? Que teñen que ver? Ser susbtentadores dun sistema bipartidista no que os grupos reducidos nunca chegarán ó poder? Pois ben, se antes era un signo de posuir unha ideoloxía diferente agora é-o de ser contribuinte a que no sistema unha candidatura estea nas súas mans e a seguinte na dos outros. Ata onde podemos chegar? Imaxinariamos isto mesmo en USA? Republicanos e demócratas baixo un mesmo paraugas?

lunes, 12 de mayo de 2014

Escoitar música vén sendo algo moi propio do ser humano desde os temas percusitivos do primitivismo ata a música máis refinada. Hoxe en día os formatos dixitais veñen a substituir ós soportes máis clásicos como a casete e o vinilo. Nembargantes  a fábrica de vinilos máis grande dos USA  non dá feito coa demanda. O vinilo está de moda e é case todo un ritual" poñer" un disco. Son moitos os grupos que optan por este formato para sacar ó mercado a súas cancións pero estes mesmos non deixan de empregar plataformas dixitais como o bandcamp para a difusión musical. Entre clasicismo e innovación.

domingo, 11 de mayo de 2014

Copenhague: Eurovisión é gañado por Conchita. O festival dá o máximo galardón a unha muller con barba que xa todos coñecemos e recoñeciariamos. Ante isto o goberno ruso asómbrase e pide seriedade. Por outra banda os transexuais celébrano pois é un paso máis para a normalización da súa condición. De transexualidade xa falou Virginia Woolf en Orlando(1928)e ainda que xa pasou case unha centuria volve a estar hoxe da máis absoluta actualidade. Porque os xéneros son construccións.

sábado, 10 de mayo de 2014

O EZLN tivo unha importante repercusión mediática na década dos noventa, non obstante segue en activo e participando en outros movementos como La otra campaña. O subcomandante Marcos cambiou de nome polo de Comandante Zero. Eu tiven a oportunidade de velo a comezos do século xxi ( concretamente no 2006) e o seu discurso na manifestación do 1 de maio versaba xa non só sobre os dereitos dos pobos indíxenas senón os dos traballadores inmigrantes. O ezln ten máis peso no centro-sur de México, sobre todo no estado de Chiapas (que limita con Guatemala) onde se forxou. Nembargantes son habituais as "subidas" á capital para manifestarse.

viernes, 9 de mayo de 2014

Sun Ra é un músico afroamericano cuxa orquestra  sigue en activo; podemos vela no Primavera Sound de Barcelona este vran. Os seus ritmos son afroamericanos pero con un toque de experimentación que o fai máis orixinal que o resto de propostas deste tipo. Non é tan reivindicativo como Fela kuti ou  Suin Kuti (o seu fillo) pero deixa o mesmo pouso que eles: o de ser a voz dun colectivo que estivo marxinado ó longo da Historia. Unha música que non transladará a espazos case psicodélicos e a un tempo que se presenta en impasse pero sempre mirando cara adiante.

jueves, 8 de mayo de 2014

Ultimamente a imaxe da Ioconda é fenómeno de discordia. Algúns xogan coa súa imaxe e tranforman a pintura, ben sexa con un inodoro ó carón , bigote, outro rostro etc. O museo do louvre fala de iocondofilia nestes últimos tempos máis esa admiración pode transformarse en case burla. Motivo de que? Imaxino que é unha trangresión con respecto á pintura xa clásica. Algo por outra banda repetido na época contemporánea.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Non todo é o que parece. O machismo ocúltase na época postmoderna baixo o termo postmachismo que non é a eliminación deste senón este mesmo baixo outros parámetros. En función da suposta igualdade consideran que xa non hai diferenzas nen supostas desigualdades e instan á inactividade das mulleres para lograr os seus dereitos dando por feito que xa os teñen. Este termo postmachismo foi recollido dun artigo de El pais desvelando así os mecanismos ocultos dos homes que pensan que xa non ten que haber loita feminista e amparándose nunha neutralidade que non é máis que unha liña de consenso imposto levan a pensar que xa non hai nada que reivindicar.

 

martes, 6 de mayo de 2014

Onte foi o día da independencia mexicana e todos seguramente nos lembramos de Zapata. Incluso hai berros nas manifestacións actuais que din " Zapata vive la lucha sigue". Tamén o imperio francés quixo facer as américas en México pero só puideron controlar con unha pequena parte do territorio e por pouco tempo.
México é un pais onde o peso das comunidades indíxenas é importante e transcendente e a súa loita está presente en movementos como La otra campaña. Marcos e o seu exército seguen a reivindicar os dereitos destes pobos.

lunes, 5 de mayo de 2014

O que está a pasar en Ukrania é grave pois é case unha guerra civil de facistas contra antifascistas. Algo que me recorda á guerra civil española. Moscova apoia a idea de confederarse con Ukrania e a Otan non quere darlle a relevancia que ten o conflicto. En Odessa houbo moitos mortos pero non tivo a repercusión mediática suficiente. Con todo sóame máis a un conflicto post guerra fría que outro do siglo xxi no que o Islamismo xoga o rol protagonista.

domingo, 4 de mayo de 2014

Cando hoxe lle dixen que non confiaba nela aledéime que me dixera que estaba errada. Aledeime porque se non podo confiar nela, en quen podería facelo. Demasiado intimista, xa o sei. Nembargantes hoxe pode ser deste xeito. Porque non hai nada máis íntimo que a relación dunha nai coa súa filla. Eu non teño ningún agasallo a non ser ese almorzo na praia de Sabón.

sábado, 3 de mayo de 2014

Non hai cocacola senón pepsi tanto no restaurante como nas máquinas expendedoras. Isto di algo de Marcelle? Supoño que si. Pensei que era todo reserva pero tamén hai recintos máis pequenos para animais varios. En fin a reserva está entre a liberdade e o cautiverio e é aí onde teñen os animais que non poden sobrevivir na vida salvaxe. Entón máis que unha reserva é un centro de acollida.
A ensalada tibia ben. Os cafés do chiringuito tamén.

viernes, 2 de mayo de 2014

Ata onde podemos chegar?

Cal é a dirección correcta para chegar a onde queremos... porque non todas elas levan ó mesmo sitio.
Hoxe tomei un café a carón do estadio de Riazor cun sol potentes que nos almiñaba o corpo presto a tan delicado e sabroso placer. Os traballadores dos bancos non fan ponte e mentras escoitaba radio 3 no carro miña nai foi sacar algúns cartos.
Ata onde quero chegar? Son cuestións máis ben do día a día sen esquencer esa mirada panorámica que nos leva ó futuro. Moitos dos punkfilios sinalan o non future pero eu guíome máis pola idiosincrasia chinesa que di que hai que poñer os ollos niso, no futuro; e isto é así para escapar do pasado e da ilusión do presente.

jueves, 1 de mayo de 2014

Hoxe é unha festa?

Para algúns o traballo é unha bendición, para outros é unha condea; nembargantes ningunha persoa que estea nestes dous grupos quere quedarse sen el. Se es os da segunda opción seguro que hoxe non estás a celebrar nada agás que non esteas no paro. 
Moitos cidadáns por decisión non queren traballar tanto porque non encontran o apropiado como porque non o ven como unha forma de vida. Algúns pretenden que o Estado lles dea cartos igualmente e inciden en que todos teñen dereito a unha renda básica. Non estou de acordo, quen non queira traballar que non traballe pero que non espere que lle vaian a garantir a supervivencia.