lunes, 30 de junio de 2014

 Animal Lovers é un grupo de postpunk de Minesota. A voz de Addison, o seu cantante, é enormemente forte e contundente e  eleva as letras a un estado case etéreo polas melodías que as acompañan. Derrocha cantidade de enerxía nos seus xa 3 discos, que foron editados en casete e en vinilo ( facendo uso dos medios tradicionais de rexistro). Este ano estiveron de xira por USA tocando en locais pequenos para un público reducido. A actitude de "diy"( do it yourself) está presente neste grupo que controla todo o proceso de produción. Esperemos ve-los pronto polo estado español.

domingo, 29 de junio de 2014

Soledad Vélez é unha cantautora que canta desde o máis profundo sobre experiencias propias transformadas en cancións que deixan pegada; e fano ata o ponto máis interno  reflectindo unha cosmovisión repleta de lugares comúns que comparte co ouvinte. Os seus temas, nos que predomina o son da guitarra acústica, son delicados e transparentes pero a súa voz é forte; sostén  que se sinte máis identificada con ela cando canta que cando fala, é dicir, que lle sae esa digamos "furia" propia.  Ademáis afirma que o que fai non ven inspirado de ninguén senón que é algo que sae así porque ten q saír dese xeito, sen influencias.

sábado, 28 de junio de 2014

A convención de Ottawa pretende rematar coas minas antipersoais de aqui ó 2025. USA nunha conferencia na capital de Mozambique ( Maputo ) móstrase interesado e comprometido a non empregar este recurso bélico. Non obstante rechazaron firmar a convención no 1997, data do seu inicio. Un millón de minas están colocadas entre as dúas Coreas. Algunhas ongs, constatan que ó non poñer unha data concreta para acabar con estas prácticas, pode quedar no ar unha vez que Obama perda as eleccións.

viernes, 27 de junio de 2014

Abel Gance é coñecido polo emprego pioneiro de varias pantallas( e de grandes dimensións) para desenvolver a súa arte cinematográfica. Máis que coñecido no pais galo é o seu filme Napoleón. Un filme histórico que desvela a vida desta  figura emblemática. Non obstante a idea do filme non é tan importante como a maneira de tratalo mediante a expresión cinematográfica propia. O que tentaba Gance era crear unha escola de entusiasmo, enerxía, elevación, poderío, metamorfose, grandiosismo... e todo para crear un espéctaculo que fora seguido polas masas, á maneira dos teatros gregos.

jueves, 26 de junio de 2014

Onte cumpríronse 30 anos do falecemento do pensador francés Michel Foucault, fito na historia filosófica da Europa de finais do século xx. Rechazou as etiquetas de postestructuralista facendo fincapé na idea de que a súa obra ten as raices na modernidade e especialmente das teorías de Kant. Con todo, tamén está influído pola filosofía alemana, sendo autores de referencia Heiddeger e Nietzsche. Foucault analiza os poderes transgresores e na súa viaxe a Irán toma como exemplo os líderes da revolución iraní de 1979 ( entre eles o axatolá Jomeini).

miércoles, 25 de junio de 2014

Estamos perante o maior número de refuxiados desde a ii guerra mundial, segundo o informe elaborado na Xornada mundial de refuxiados ( ONU 20 de xuño de 2014). Esto pon de manifesto a  inestabilidade mundial que estamos a sofrer. En total son 51 millóns, dos que 33'3 ficaron no mesmo pais pero lonxe das zonas de conflicto, e o 16% refúxianse en paises veciños. António Gutierres de Nacións Unidas aporta o seguinte dato:  Irán e Pakistán son os paises con maior número de refuxiados. Acollen  máis de 6 millons de refuxiados afganos e éstes cinco anos despois do conflicto aínda non poden regresar os seus fogares.

martes, 24 de junio de 2014

A líder do grupo estadounidense Lana del rey ven de facer unhas declaracións polémicas sobre a morte de Kurt Cobain e Amy Winehouse. Sostén que a súas mortes son un fito e  mostra unha falta de sensibilidade ante as mesmas. En resposta a filla de Cobain, Frances Bean argumenta que vista de preto a morte deixa de ter ese sentido romántico que lle atribuía Lana ou incluso a idea de que foi algo cool. Con todo Frances era ainda moi pequena cando morreu seu pai, pero suponse que a asimilou co paso dos anos.

lunes, 23 de junio de 2014

Robert Bresson xa é un fito na historia do cinema francés(e internacional). Nas décadas dos 40 e 50 cando el facía os seus filmes consideraba que a escritura cinematográfica estaba cos seus comezos e que non acadara o desenvolvemento final. Para el, que acuña o termo cinema puro, o que ten que facer éste é non mesturar o falso co verdadeiro, formando un mundo coherente.  Sostén asimesmo que o cinema aínda non atopou aos seus poetas e oponse ó cinema como espectáculo e alega o seu amor polo estilo, é dicir, un cinema de autor que neste caso afánase por mostrar perspectivas espirituais das personaxes manifestándose  éstas pola extenuación do mundo material.

domingo, 22 de junio de 2014

As milicias actúan fóra dos parámetros de legalidade ou de normatividade e fórmanse  ben para axudar ó exército profesional ou ben para combatilo. En Bagdag a milicia Mahdi loita contra os dixadistas  e para estabilizar o territorio polo que se postulan na actualidade como aliados dos USA, ainda que no pasado combateron con éstos polo control do país. Queda por saber se van a unirse ó exército regular ou seguir actuando na clandestinidade. O seu líder coñécese como Al- Sadr e é agora un dos personaxes máis influinetes de Irak.

sábado, 21 de junio de 2014

As cantigas medievais dos trobadores son un momento chave na consolidación dunha literatura non relixiosa, exceptuando as de santa maría que si o son. Pois ben, as de amor, escarnio e maldicer supuxeron un antes e un despois na literaura galega, que neses anos estaba unida á portuguesa pois parte do actual Portugal era territorio do Reino de Galicia. Na célebre Ai ondas do mar de Vigo atopamos un actante namorado á espera de poder atopar o suxeito dese amor. Unha sinxela cantiga que non deixa de ser profunda e que pon de manifesto que, nesa época, amigo e amado son o mesmo.

viernes, 20 de junio de 2014

Premios internacionais polo recoñecemento de algunha laboura hai moitos; non obstante este que citarei é un menos coñecido. Trátase do premio internacional de alimentación, ou o nobel de agricultura. Este ano, 2014 ven de recaer no indio naturalizado mexicano Sanjaya Rajaman. Este resalta o traballo feito en pro da evolución xenética do millo, un alimento por outra banda fundamental tanto para a gandería como para a alimentación en moitas comunidades rurais. Dito recoñecemento pon de relevo a importancia da investigación en materias como a agronomía.

jueves, 19 de junio de 2014

A búsqueda da beleza é o que perseguen as artes plásticas. Esta ven da man do xenio creativo pero tamén de determinados métodos que se instauran como prototipos para acada-la. A sección aúrea é un deses coñecementos que , xurdindo no Renacemento, pasaron a través dos tempos ata a época contemporánea. Pois ben, este recurso é unha maneira de compoñer unha imaxe, ben sexa unha fotografía ou unha pintura. Leonardo da Vinci defínea como "unha división do todo en dúas partes, de tal modo que a parte menor é a maior como a maior o é ao todo".

miércoles, 18 de junio de 2014

O mundo da moda non está reñido co compromiso social e as innovacións artísticas. Un exemplo de esto é o fotógrafo William Klein. Os seus traballos foron realizadosprincipalmente  na década dos 50 e 60 e abarcan un abano de posiblidades moi extenso; tanto é así que podemos ve-lo como fotógrafo de Vogue      ( onde experimenta coas posiblidades da cámara: utilizando teleobxectivos e grandes angulares) ou ben como cineasta de guerra debuxando o que pasou en Vietnan ó redor de 1968, época convulsa nos USA polas críticas á dita guerra, filmando un filme colectivo titulado Loin du Vietnan.

martes, 17 de junio de 2014

A obxetivación da fotografía sui xéneris entrona unha nova cuestión: o seu estatus de arte. A idea de que reproduce a realidade ( sobre todo nos seus comezos) enfróntase coa creación e así deste xeito poderiamos clasificala en dous grandes bloques: a fotografía verité e a fotografía artística( que modula a realidade). A historia da fotografía ven aparellada ao quefacer pictórico. A pintura libérase do seu papel de constatar a memoria e pode comezar un camiño novo e independente desde que xurdiron as vangaradas pictóricas.As artes plásticas acollen unha nova modalidade e queda definitivamente instaurada como nova arte.

lunes, 16 de junio de 2014

O Kurdistán leva tempo solicitando o dereito de autodeterminación. De momento depende de Irak pero éste vendo como a estabilidade se mantén no territorio é favorábel a que adquira a súa independencia. Peshmergas é o noeme das tropas militares kurdas que están controlando todo o país. Dita estabilidade ven dada polo reforzamento económico principalmente a través dos acordos con Turquia, exportando petróleo polo oleoducto que une os dous territorios. O deireto de autodeterminación é un dos pontos da carta xeral de Nacións Unidas( concretamente o 2.3.)

domingo, 15 de junio de 2014

Nova Yorke é unha das cidades máis multiculturais do globo; non obstante este feito non significa que exista unha verdadeira integración, é máis existe unha segregación a diversos níveis, entre eles no eido da educación. Un estudo recente pon de manifesto que case o 70% dos alunos de cor estudan en centros nos que non hai brancos. Esta segregación racial educativa choca co decreto (  de hai 60 anos) do tribunal supremo que a prohíbe, dictando a sentencia que se coñece con seguinte  nome: Brown vs Board of. Education. As directivas dos centros reseñan que existe menos integración que hai 40 anos.

sábado, 14 de junio de 2014

Hong Kong é un territorio administrativo que depende das autoridades chinesas. Así China ven de escribir un libro branco sobre a súa situación perante a mesma. Titulado South Cina Morning Post desvélase a posíbel autonomía para celabrar elección propias sempre e cando sexan afíns a China. É dicir que se sae un goberno "non pro China" non se admitirá como valido. E todo isto no contexto da celebración do 17 aniversario da descolonización de Gran Bretaña.

viernes, 13 de junio de 2014

Hoxe, 13 de xuño é o día de san Antón. Na Coruña temos un castelo que leva o seu nome. Pois ben, o castelo de san Antón é do século xvi e construido para defender a cidade( xunto co de santa Cristina e san Diego).Dende 1968 alberga o Museo Arqueolóxico de A Coruña. No seu interior, ademáis de xoias castrexas expostas en vitrinas, ten relevancia o pozo onde xa é tradicional pedir un desexo tirando unha moeda ( sempre queda a ilusión). Unha das referencias históricas foi a réplica emprendida por Francis Drake, grande navegante dese século.

jueves, 12 de junio de 2014

Supervivencias é un libro biográfico pero non lonxano de realidades globais. A sociedade  establece pontos de conexións, un "algo" que todos chegamos a vivir. Michel Houellequecq fai un retrato das súas experiencias cotiás  para conquerir un estado de autoconsciencia. En declaracións a Art Press sostén que o individualismo é o crimen e a desdita. Por iso a necesidade de sentirse parte do outro. Nesta obra aparencen referencias a lugares comúns combinados con expresións máis intimistas: "Traces de la nuit/ Une étoile, seuel/Préparée pour de lointaines eucharisties/ Des destins se rassemblent perplexes,/Immobiles/Nous marchons je le sais vers de matins étrangers".

miércoles, 11 de junio de 2014

Os restos das culturas precolombinas seguen aparecendo nos lugares sagrados, unha laboura de arqueoloxía que desvela o tipo de cultos que estas civilizacións levaban a cabo. No 2006 atopouse no Templo Maior de México city unha reliquia da deusa da terra chamada Tlaltecuhtli. Unha escultura de grandes dimensións  que permite comprobar que a súa presenza era tan relevante como o seu nome indica. Os cultos á natureza son considerados fundamentais nestas culturas e levan de seu a súa plasmación visual, case sempre en pedra.

martes, 10 de junio de 2014

Paulo Grangeon, artista francés realiza unha obra no aeroporto de Pekín. Esta consiste na colocación de pandas feitos con papel na superficie do mesmo ( concretamente 1600). Esta obra ven a reivindicar a necesaria protección de especies en peligro de extinción. China segunda potencia no contexto internacional non pode a favor da industrialización abandonar as demandas ecoloxistas, entre as que se encontra o cuidado das súas especies animais.

lunes, 9 de junio de 2014

Entropy and the New Monuments, é o título do ensaio de Robert Smithson sobre o minimalismo na arte, predecindo e anunciando ó mesmo tempo a destrucción do obxecto minimalista pola década dos 50 do século pasado. Este texto non deixa de resaltar a canonización desta corrente que ten a súa máxima expresión no este de USA, concretamente en New York de onde saíron os máis importantes representantes que abogan pola simplicidade nas formas e o rechazo a toda manifestación de expresividade. Este periodo correspóndese cun cambio na sociedade americana, pois xorden as diversas organizacións de liberación e a arte así tamén se desprende  e libera do seu método e fin tradicionais, a  representatividade.

domingo, 8 de junio de 2014

Jean Vigo é un autor de filmes poéticos que morreu prematuramente cando só tiña trinta anos de idade. No seu legado deixou tres filmes transcendentes( entre eles L'Atalante) pero descubríronse moitos máis guións que nunca chegou a realizar. Vigo tiña relación coa escola constructivista rusa e mesmo o seu director de fotografía era Boris Kaufman, irmán de Vertov. Deste xeito edita as súas películas mediante a montaxe de asociacións provocando un efecto psicolóxico no espectador. Desde 1951 celébrase o Premio Jean Vigo en Francia  para galardoar a novos cineastas. A súa obra agora é de culto.

sábado, 7 de junio de 2014

En todo o planeta estase a reclamar unha democracia real. Desde a primavera árabe ata México (declaracións hoxe desde o mundo da cultura) ou Asia( manifestacións na India) os cidadáns queren ser artífices da construcción do devir das súas nacións. Que supón o avanzo democrático? Un exemplo sería a realización de referendums para votar as leis  pero noutros paises consistiría na celebración de eleccións democráticas para elixir goberno. O nivel de democracia é medido por organismos internacionais e desvela que hai un déficit nos paises non occidentais( de onde xorde a democracia). Neste ponto USA preséntase no xogo das relacións internacionais como o axente de expansión da democracia( con todos os custos que esto supón; moitas veces guerra).

viernes, 6 de junio de 2014

A orixe do mundo é unha pintura realista de Gustave Courbet do ano 1866 que reside no Museo de Orsay desde finais do século xx. Unha artista da performance sentouse diante da mesma para realizar unha intervención ensinando o seu sexo. Pode parecernos moi atrevido e certamente o é pero non é un escándalo pois é arte( é-o  de verdade?)  Esta pintura estivo gardada moitos anos antes de ser exihida ó público supoñemos que pola moralidade da época ( finaisdo xix) pois a pesar de que existiron espidos en toda a historia da arte ( desde a tradición grega) este cadro pon  en primer plano o sexo  dunha muller.

jueves, 5 de junio de 2014

Fai 25 anos do suceso de Tiananmen, un dos capítulos máis escuros da historia contemporánea chinesa. Non só se manifestaron en Pekín por unha apertura do réxime comunista senón que foron vinte semanas de manifestacións por todo o país. Shiwei na actualidade é o director de Human Rights é destaca a creación dunha plataforma de activistas que non propoñen un cambio de réxime senón que se cumpla a constitución china en materia de dereitos humanos. Esta plataforma leva o nome de "Nova cidadanía" e estos como en 1989 loitan por un comunismo máis humanista. 

miércoles, 4 de junio de 2014

No 2014 conmemórase o vinte aniversario da morte de Kurt Cobain, un dos iconos da cultura underground norteamericana, que de xeito contradictorio,  vendiu e vende milleiros de discos. Por este feito algúns pensan que se suicidou pero o enigma en torno a súa morte non está resolto. Last Days( Gust Van Sant, 2005) retrata os días antes da súa morte dunha maneira exemplar, ainda que  non deixando de ser ficticia,  pois é exquisitamente introspectivo. A música de Nirvana segue a ser e  estar de actualidade dúas décadas despois da súa desaparición.

martes, 3 de junio de 2014

Estarán disposto o pp a modificar a constitución? Só con este cambio podería chegar a república. Estará disposto a facer un referendum? Supoño que non aínda que parte da poboación do estado pensa e ansía que si. Pois non, para que todo siga igual ten que mudar algo, din algúns e España seguirá a ser unha monarquía. En Francia acabaron guillotinando ó rei no século xviii, aquí os Borbóns seguen a ser un apoio para o sistema. Nembargantes a  rúa berra república.

lunes, 2 de junio de 2014

En Salvador o antigo guerrilleiro Sánchez Cerén é nomeado presidente.  Formou parte da Fronte Farabundo Martí de Liberación Nacional(FMLN). En Latinoamérica os predidentes Evo Morales e Correa aplaudiron a nova. Observamos que as ideas bolivarianas seguen a callar e a presentarse como unha alternativa desde a que gobernar. Esta é unha vía populista pero que debe ser entendida como unha proposta para acabar coas desigualdades crecentes tanto internas como no xogo das relacións internacionais. A pobreza é sen dúbida un mal que erradicar e estos partidos posiciónanse do lado dos máis desfavorecidos. 

domingo, 1 de junio de 2014

Bed in(Na cama, 1969) foi a performance que Yoko Ono e John Lemon fixeron contra a guerra de Vietnam. Son moitos os artistas que se manifestaron de diversas formas contra a intervención dos USA nese país. Ese ano correspóndese tamén co maio francés e as correntes postmodernas comenzan a facer brecha. Yoko Ono ten unha especial relación co músico experimental John Cage e a ambos úneos o interés polas formas de arte efímeras. Foi membra fundadora do movemento Fluxus. Para ela a arte era unha forma de entender mellor a vida.