miércoles, 11 de junio de 2014

Os restos das culturas precolombinas seguen aparecendo nos lugares sagrados, unha laboura de arqueoloxía que desvela o tipo de cultos que estas civilizacións levaban a cabo. No 2006 atopouse no Templo Maior de México city unha reliquia da deusa da terra chamada Tlaltecuhtli. Unha escultura de grandes dimensións  que permite comprobar que a súa presenza era tan relevante como o seu nome indica. Os cultos á natureza son considerados fundamentais nestas culturas e levan de seu a súa plasmación visual, case sempre en pedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario