lunes, 9 de junio de 2014

Entropy and the New Monuments, é o título do ensaio de Robert Smithson sobre o minimalismo na arte, predecindo e anunciando ó mesmo tempo a destrucción do obxecto minimalista pola década dos 50 do século pasado. Este texto non deixa de resaltar a canonización desta corrente que ten a súa máxima expresión no este de USA, concretamente en New York de onde saíron os máis importantes representantes que abogan pola simplicidade nas formas e o rechazo a toda manifestación de expresividade. Este periodo correspóndese cun cambio na sociedade americana, pois xorden as diversas organizacións de liberación e a arte así tamén se desprende  e libera do seu método e fin tradicionais, a  representatividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario