domingo, 15 de junio de 2014

Nova Yorke é unha das cidades máis multiculturais do globo; non obstante este feito non significa que exista unha verdadeira integración, é máis existe unha segregación a diversos níveis, entre eles no eido da educación. Un estudo recente pon de manifesto que case o 70% dos alunos de cor estudan en centros nos que non hai brancos. Esta segregación racial educativa choca co decreto (  de hai 60 anos) do tribunal supremo que a prohíbe, dictando a sentencia que se coñece con seguinte  nome: Brown vs Board of. Education. As directivas dos centros reseñan que existe menos integración que hai 40 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario