jueves, 26 de junio de 2014

Onte cumpríronse 30 anos do falecemento do pensador francés Michel Foucault, fito na historia filosófica da Europa de finais do século xx. Rechazou as etiquetas de postestructuralista facendo fincapé na idea de que a súa obra ten as raices na modernidade e especialmente das teorías de Kant. Con todo, tamén está influído pola filosofía alemana, sendo autores de referencia Heiddeger e Nietzsche. Foucault analiza os poderes transgresores e na súa viaxe a Irán toma como exemplo os líderes da revolución iraní de 1979 ( entre eles o axatolá Jomeini).

No hay comentarios:

Publicar un comentario