miércoles, 4 de junio de 2014

No 2014 conmemórase o vinte aniversario da morte de Kurt Cobain, un dos iconos da cultura underground norteamericana, que de xeito contradictorio,  vendiu e vende milleiros de discos. Por este feito algúns pensan que se suicidou pero o enigma en torno a súa morte non está resolto. Last Days( Gust Van Sant, 2005) retrata os días antes da súa morte dunha maneira exemplar, ainda que  non deixando de ser ficticia,  pois é exquisitamente introspectivo. A música de Nirvana segue a ser e  estar de actualidade dúas décadas despois da súa desaparición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario