viernes, 23 de enero de 2015

Low seguen tan espirituais coma sempre pero secret name é unha auténtica delicia. E Days of... é un refuxio no que se situar cando unha tempestade de neve se achega. Un lugar no que a calma invade os corpos. Corpos que acubillan emocións etéreas ás que chegar mediante un proceso  tal como o do revelado de fotografías: conseguir a imaxe a través de procesos químico-lumínicos. Porque a luz  deixa paso a obscuridade nun xogo de luscos-fuscos. Days of... poñamos por caso Lights. Días de luz nos que a consciencia aflora.
É a época yé-yé e Nancy sábeo. This boots é unha canción que convida a camiñar co rumbo que nos dicta a nosa propia brúxula. E face-lo para achegarse a un estado no que a rapidez estea presente, para dirixir os nosos pasos cara un algures que, a modo de pintura impresionista, se nos aparece nun ponto lonxano pero que chegamos a perceber, e ao que tentamos chegar a través- quizais- dun campo aberto  que semella que está feito para as nosas propias botas. En todo ese proceso non hai lugar para a perda ( ou si?) e se nos perdemos só temos que berrar.
Porque tamén hai cancións de namorados existe este tema: sitting on the dock in the bay. Pero para non caer no pseudoromantismo é preciso sacar o pouso máis recalcitrante e deixarse levar por un sentimento novo, aquel que fai posíbel que os paxaros emprendan o voo: soñar a liberdade. Unha liberdade que pode ser acadada pola vía da comunicación- cos outros- facendo da alteridade un espazo común( no que as propostas son adoptadas sen oposición). E sentámonos a agardar, mentras non vemos o camiño, por non perdernos miramos a bahía...
Move on up convida a bailar sen fin, ata a extenuación, ata caer rendidos no chan. Un tema que é un hit e que pon o acento na máscara-sorrisa que empregamos cando nos movemos diante dos demáis. Unha especie de loucura colectiva aparece cando se suma a colectividade á catarse propia desencadeando unha sucesión de sentimentos que van desde a euforia ata o autocoñecemento. Son máis de 8 minutos de canción nos que agarrarse para non deixar de ser felices e se-lo con consciencia para interioriza-la felicidade e facer que sexa parte de nós(para sempre).

lunes, 19 de enero de 2015

Cave é o perfeito enfant perdu do rock e/ou máis un poeta da música maldito. Empregando o seu rostro como reclamo é consciente-e-o?- da súa singularidade estética e como non tamén musical. Os seus temas fannos chegar ata unha illa repleta de árbores tan altos que sería imposíbel chegar ao cumio; non obstante pódese estar deitado nas súas raiceiras tan incómodamente confortantes como esas súas cancións. Elas son potentemente experimentais e a voz un contrapunto que acae tan ben como o son dun aparello que se acaba de inventar e que emite ruidos novos.

domingo, 18 de enero de 2015

Paris era o centro da vida bohemia, onde os artistas se atopaban aló polos anos 20 e que continuou varias décadas despois ou que mesmo se mantén ata os nosos días: épocas gloriosas en perfecta evolución. Moitos de USA ían á capital francesa(como Fiztgerald e a súa esposa Zelda)porque pretendían atopar na vella europa un espazo de liberdade e inspiración. Os cafés parisinos estaban repletos de pintores- véxase Picasso- e literatos que convivían nun  mundo de intelectualidade e creación retroalimentándose. A noite e a diversión eran o seu lugar común.

sábado, 17 de enero de 2015

Blue Train-o seu comezo- é a banda sonora de Sen alento e é-o dunha forma tan mítica como suxestiva facendo que nos lembremos das secuencias que Belmodo protagoniza. E faino dunha maneira tan semellante ao axir real que parece que nos está recreando unha realidade precisa. Máis protagonismo ten con todo o jazz no free cinema de por exemplo Lindsay. Con todo esos acordes de Coltraine xa quedan na historia do cinema da Nouvelle Vague. Un movemento que botando man de actores nos que a dose de improvisación é importante, da á cinematografía mundial un soplo, como se  de ardalén se tratase.

viernes, 16 de enero de 2015

A vida de M.Duras está tecida con lá e deseñada con bártulos de viaxe. Nada en Indochina leva o continente asiático na súa aura. Todo o que escreve está direccionado cara esa experiencia vital que a fai un expoñente case único no nouveu roman. Esa especificidade fainos situar ante obras dunha orixinalidade única pero que teñen o pouso de toda a tradición amorosa da literatura universa(polo menos a occidental comezada desde a Grecia Clásica). O amor como fío conductor da narración nunha escrita meticulosa e biográfica que nos leva polos roteiros da búsqueda interior que, como o taos, nunca se pode alcanzar.

jueves, 15 de enero de 2015

Un disco de soul puro: Bridges que non esquece as raiceiras facendo mención a temática black como ben queda reflectido na portada na que aperecen os seus rostros, o de Scott e Jackson. Pode dar pé a unha sesión de baile porque danzar é o antídoto para a nostalxia e un método para entrar noutra dimensión. Achegarse a este estilo musical supón unha predisposición á ledicia sendo algo así como un bálsamo. O mundo afro ten unha constante que é sacar da alma o positivo con good vibrations tentando manter o karma nun estado de positividade.

miércoles, 14 de enero de 2015

Unha dose de barroquismo inváde-o todo; algo así como unha catedral do século xvii na que as fiestras deixan entrar anacos de luz que son transformadas en indicios de algo que está máis aló do terrenal. A escenografía é altamente tratada con especial atención e forma un todo homoxéneo no que se define unha estética precisa. O postbodyart constitúe unha liña de tratamento para coas personaxes e as súas accións: o corpo fragmentado, arrincado, mutilado. Ceremonias nas que se celebra a vida e a morte cunha idea común que as percorre: o nacemento.
É unha declaracións de intencións desde o comezo pero que para levarse a cabo ten que pasar por resolver determinados conflictos e sobrelevar  complicacións. Esto é chegar a unha cidade nova e querer deixa-lo todo para quedarse alí e por que non namorarse outra vez. Todo aderezado cunha carga de maxia que non deixa de facer verosímil o discurso. Atoparse tamén con aqueles a quen admiramos en lugares tan bohemios como os cafés de Paris. Unha cidade  onde a arte ten unha especial cabida porque dá lugar a inspiración.

lunes, 12 de enero de 2015

The evens son un dúo tan mítico como a traxectoria de Fugazi ( e mesmo os grupos anteriores de Ian). Ela, a súa muller, Amy Farina toca a batería de xeito tan técnico como paixonal. El canta e toca a guitarra eléctrica- como non - e tanto berra como recita. Cabe dicir que ela non é nova nisto senón que tamén ven de grupos da escena underground norteamericana. O contundente "Everybody knows you are lies" é un golpe na cabeza para quen sempre estivo a liar; é un cántico á que as cousas estean onde deben de estar.

viernes, 9 de enero de 2015

Kexp de Seatle convida a Luluc para un concerto  no seu estudo. Son un dúo home-muller con dúas guitarras: ela acústica e el eléctrica. Ela canta e faino con delicadeza cunhas letras que describen situacións cotiás, reforzada, a súa voz, con coros del. Comunión entre elas. Xa non son novos pero soan moi frescos ainda que con un grao de son de antano, dunha época na que a lírica é a protagonista.Pero ... de que falan? De ser just friends, de sentir o amor como algo que ainda está por chegar e de ser feliz nesa espera. Instalámonos por tanto na  máis pura ficción.

jueves, 8 de enero de 2015

Realizan eps de menos de 20 minutos e trasládanos a lugares fortemente exóticos nos que nos podemos instalar por uns intres. Con certa dose de minimalismo acadan resultados rompedores enmarcados asimesmo dentro da corrente electónica e cunha voz que ora ben berra ora ben susurra como da mostra  People. Animal Collective con todo non se deixan encasillar cuns productos singulares que mostran a orixinalidade creadora do grupo. Porque non deixarse levar por camiños intrasitados e vivir sensacións entre o caos e a orde...?

miércoles, 7 de enero de 2015

Tweedy dá un concerto acústico en Desk Concert co seu fillo de 18 anos. Este toca a batería, que cobre con teas para que non soe demasido estridente. O cantante de Wilco- o pai- leva a guitarra e pon a voz. 16 minutos de música entrañábel que atestigua a evolución intimista do líder do citado grupo. E a primeira canción, moi ovacionada, fala de esperar ó amor. Séguelle aquela na que recorda o seu matrimonio ( o apodo dela dá título ó disco co seu fillo) e que ten un ritmo que vai in crescendo a medida que avanza o tema pero que non obstante se relaxa para dar cabida á voz.

martes, 6 de enero de 2015

Darklands é algo parecido a unha foto desenfocada, na que se ve a propia silueta e case non se recoñece; recoñecemos non obstante as notas místicas que aparecen no disco. Místicas porque levan a un estado de descomposición- para logo reconstruir- dos sentimentos para coa persoa amada ou canto menos pola que se sente unha verdadeira atracción. Porque ao fin e ao cabo do que se trata e de sentir e de face-lo cun bo libro de instruccións porque, como todo, tamén teñen que ter as relacións  unha certa  técnica. O que non impide que se actúe cun  grao de espontaneidade e inmediatez

lunes, 5 de enero de 2015

Son unha carretera sen fin nun deserto da fronteira entre México e USA que parece  nunca rematar e que cando acabe con todo quedará no recordo por moitos anos( se cadra toda unha vida). Tan boa que desde a primeira vez semella que xa a tiñamos ouvido . Un toque country mesturado con psicodelia poñen o ponto de foco no eclecticismo ainda así poderiamos dicir que é rock( sen máis).  A música de The jesus and mary chain é preciso escoita-la con gafas de sol e cun estado tendente á vixe- interior e exterior-. Pois como din " ti queres volver atrás", a eses días nos que as mañás era máis que un café con leite e un xornal.

viernes, 2 de enero de 2015

Chopin é un pianista polaco do século xix representante do Romatismo, unha época na que o espíruto do povo nace e con el os estados-nación. Con influencias de grandes compositores anteriores como Mozart( s.xviii) e Beethoven( coeténeo) xunto con esta último representantes do citado movemento. Vinculado a Francia chegou a Paris en 1931 onde forma parte da  vida cultural da cidade xunto con Victor Hugo ou Balzac. Mal de saúde decide trasladarme as Illas Baleares onde habita un tempo xunto coa súa esposa e fillos. Morre no 1849 e a súa tomba está no cementerio de Père-Lachaise.

jueves, 1 de enero de 2015

Keith Jarret é un dos músicos de jazz de vangarda máis influintes destes tempos. Nado en 1945 nos USA tocou cos grandes sendo un grande el tamén ( ten discos con Corea por exemplo e desde os 70 colabora con Miles Davis con teclado electrónico). As súas obras máis famosas son unhas improvisacións que fixo en distintas cidades- entre elas Paris- e que foron rexistradas unha vez que rematou o periplo. Cunha sensibilidade especial tamén se atreve coa música clásica. Ten máis de 50 discos grabados e segue en activo.