miércoles, 15 de julio de 2015

Chet Baker resolve a equación de técnica e sentimento na súa música. Puro jazz que se fai con personalidade propia e artellando unha atmósfera que se ben é envolvente deixa respirar. Cada vez que o escoitamos pensamos nunha festa dos anos 50 en blanco e negro-por tanto xa grabada- na que se sae ao centro do salón a danzar. Ven podía ser un videoclip ainda que a duración sexa extensa(o videoclip máis longo da historia dunha hora de duración) pero non, é un filme,  e Baker e o compositor da música diexética.
Zen Arcade é o disco de 1984 de Hüsker Dü. Un golpe de efecto que leva o balón á canasta ou como marcar 3 puntos desde o sillón da casa. De relaxado non ten nada senón que nos invita a dar un salto case no baleiro, suspendéndose o corpo  no ar por uns segundos que quizais sexa inmortalizado por algunha cámara que desafíe a lei da gravidade. Deixar un coche nunha chatarrería pode ser a mellor opción cando xa non funciona o motor. Todo está perdido. O coche non funciona. Recuperar as casetes é agora a consigna.
Soan como unha ráfaga de aire no medio do deserto e mesmo no medio do desterro para saír así do reinado do capitalismo e chegar ao oasis nun lugar que ainda está por inventar. Minor Threat sitúanse como grupo na escena hard core dos 80 dos Usa. Saben que só son- somos-unha ameaza menor e que os cambios estructurais non chegarán da man dun conxunto reducido ainda que si crearán mundos propios nos que habitar-como un oasis-; con todo, o que fai falta é botar fóra, berrar, raspar a guitarrra con raiba e manterse na liña de fuga. Xeometría pura.

martes, 14 de julio de 2015

A Velvet son un grupo sui generis da escena musical neoiorquina que ten na súa formación a Nico unha femme fatale que non dubida en poñerse á fronte para deleitar coa súa voz andróxina ás masas  hipies estadounidenses. Non é éste o seu único nen máis esclarecedor cualificativo pois ela contribúe a crear a idea de mulles polimórficas que acubillan unha morea de cualidades que as fan estar en distintos asentos e posicións formando unha esencia múltiple que descobre a pluralidade no complexo sistema de constitución da identidade.

domingo, 12 de julio de 2015

Unha semán no motor dun autobús remítenos a ficción sonoro-musical pero tamén e non obstante a unha realidade que sofren milleiros de seres humanos que pretenden escoitar e vivir outra sinfonía apartada da miseria e cercana ao concepto de felicidade universal. Os planetas deixa no podium dos mellores discos estatais unha ducia de temas que nos transportan á dimensión do desolado ainda que con pinceladas de sentimentos positivos e sempre co afán de descoberta: "algo por descobrer", pois é a pulsión da curiosidade o que nos permite manter unha certa ilusión vital.