viernes, 31 de octubre de 2014

Para algúns achégase ao cinema puro pois entre outras afástase dos métodos e técnicas da posta en escea teatral pero optando asimesmo por seguir unha liña que vén da tradición de contar historias, de crear espazos onde as personaxes viven nunha e unha historia. Ao mesmo tempo parece que lle dá unha volta a todas as regras de composición e mesmo de montaxe, é un realizador sui generis que ten un posto na Historia do cinema. Falamos de Jean renoir que emprega sublibemente a profundidade de campo en filmes como A regla do xogo sendo éste un elemento propiamente cinematográfico que define os códigos do cinema.

jueves, 30 de octubre de 2014

En L'Atalante(1934) atopamos un Jean Vigo que dá renda solta á súa imaxinación, achegado ós postulados surrealista e rechazando a civilización que encerra ó individuo. Non obstante o "inferno" non está só no exterior senón tamén no interior. Por outa banda, desfai os preceptos do bo gusto francés de Boileu. E todo isto ten de tráxico o que se atopa nun home profundamente revolucionario de tendencia anarquista. Este filme é un berro contra a indiferencia social que agocha moito de máxico ( véxase por exemplo a secuencia debaixo da auga na que ollamos unha sorte de Ofelia) e que ten o seu reflexo na maneira en que emprega a cámara -inestábel- aumentando o lirismo do mesmo.

miércoles, 29 de octubre de 2014

Os actantes, como os de  Homero teñen o seu coorelativo nos filmes de Mizoguchi, concretamente en Contos da luna, onde o protagonista atopa o espíritu da súa muller cando regresa á vila. A aventura así como en Ulises fai desenvolver un lado espititual, máis ben un ciclo espiritual que queda nos entreactos dun discurso lexendario. Asimesmo atopamos resquicios da lenda celta de Lancelot, do amour fou, predecindo así un himno á unidade ó mesmo tempo que á diversidade das apariencias. Condensa todas as categorías do relato nun ente sui generis que é o propio relato fílmico.

lunes, 27 de octubre de 2014

Soon it be cold enough presenta unha portada ben ilustrativa do que vai ser a lectura do disco: unha paisaxe na que destacan as árbores só elas e todo tinxido de branco cunha composición que nos deixa prenetrar nese bosque cálido ainda que frío e que parece acubillar o son da voz solista e  insólita entre as súas polas finas e alargadas ata o infinito ( estando en fóra de campo) desdebuxando os trazos e atrendo cara si golpes e ruidos exotéricos que se agochan tras a melodía principal a dunha guitarra que por momentos deixa de ter protagonismo para dar paso a sons máis sintetizados.

viernes, 24 de octubre de 2014

Akira Kurosawa foi coñecido e entendido en Europa grazas ao premio de Venecia no ano 1950 polo grande filme Rashomon. No discurso ao recoller o premio afirmaba que tiña unha débeda para coa humanidade e a paz mundial.  Nos seus filmes constátase  un barroquismo interior das súas personaxes cunha moralidade que os acompaña de maneira decisiva ao final. Mostra asimemo o reverso do "bo" para darlle máis profundidade as relacións sobre todo internas non absenta de violencia externa. E sobre todo destaca nas tramas a capacidade de exorcitar o "mal".

jueves, 23 de octubre de 2014

 Bresson ( 1907-1999) afirmou  que o cinema non atopara ainda ós seus cineastas, aqueles que lle dean unha nova forma, que crearan unha verdadeira arte cinematográfica e pensa que tampouco se chegou a desenvolver esta arte como se fixo  na pintura ou na escritura. E todo isto con data de 1975 ( Note sur le cinématographe). Nesta época xa se proxectaran os filmes das novas cinematografías europeas pero semella que ainda ten que xestarse algo máis, un plus que vén da man de escribir coa cámara. No ano 1995 recibe o premio René Claire da Academia francesa do cinema.

miércoles, 22 de octubre de 2014

Magdalena Jetelová de orixe checo crea instalacións que sobrepasan os límites domésticos do espazo. En Area de cuarzo vermello inunda o interior dunha básilica con este elemento ata facelo protagonista do mesmo pretendendo dar visibilidade ós mecanismos do poder despois da Primavera de Praga en 1968 data na que se gradúa en Belas Artes. Con todo, os seus comezos datan dos anos 80 sendo a citada obra de 1992. O seu traballo achégase ao land art e en Island Projeck( tamén de 1992 )reflíctese asimesmo, trazando cun láser unha liña de luz nunha montaña. En último termo pretende dilucidar a enerxía oculta en tódalas cousas.

martes, 21 de octubre de 2014

Louise Nevelson ( Kiev 1899, N.Y, 1988) sostén que a vida en esencia é un misterio e así o reflexa na súa arte que está  influenciada pola arte africana descuberta no Musée de l'Homme nunha das súas viaxes a París así como da arte precolombina. Traballa esencialmente con objets trouvées á maneira de foundfootage sendo a madeira o seu material favorito realizando obras escultóricas cuxa fluidez proceden do achegamento coa danza, empregando tamén o aceiro. Separando as cousas das súas funcións primarias convertíaas en obras artísticas.

lunes, 20 de octubre de 2014

Manter a unidade do corpo e da alma é igual a seguir vivo segundo o pensamento de Marina Abramovic ( Belgrado, 1946). Nalgunhas das súas performances actúa cos límites da dor corporal infrinxíndose cortes-un deles debuxa unha estrela para representar a época de Tito-. O seu corpo é o material fundamental sobre o que traballa; pero asimesmo emprega outro tipo de materiais como os ósos de animais. Nesta ocasión escenifica a masacre, metáfora- signo dos cadáveres da guerra da antiga Iugoslavia. Nas últimas emprega ao público como elemento actante poñendo a proba por exemplo a súa paciencia.

viernes, 17 de octubre de 2014

Unha banda de protopunk que saca Young Loud and Snotty no ano 1977 e cuxo titulo desvela que eles, Dead Boys forman parte dun movemento contracultutal desenvolvido en USA e que ten a nova música como factor referencial asi como unha actitude de protesta e insafisfacción coa sociedade da época. Tal é a súa proposta que chegan a afirma :  " Fuck art let's rock". Relaciónase coas figuras da época como Iggy Pop ou Joey Ramone influeciándose reciprocamente. Deste disco no ano 1997 editáronse os remixes pero quedarán na historia da música por ser actantes do comezo do punk nos setenta.

jueves, 16 de octubre de 2014

Tsuyoshi Yamamoto é un virtuoso do piano. Coa súa banda Tsuyoshi Yamamoto Trío firma no ano 1974 Blues for tee. A elegancia das notas deixan paso a momentos elevados nos que o instrumento se achega a espazos de axitación para despois sermos inmersos nunha calma activa.  É case unha hora de idas e vidas, constantando un tempo case en espiral, á maneira do eterno retorno. Curiosidade é que ( e pasa nalgúns outros moitos casos, sobre todo se falamos de directos) nesta gravación os músicos comunicánse entre si para levar o ritmo ou como manifestación de ledicia polo devir da acción.

miércoles, 15 de octubre de 2014

Eddie Higgins: ou como canonizar a un clásico- non recoñecido- de jazz. Este pianista nace en USA  e adica toda a súa vida ao jazz, rozando xéneros como o bebop. En Portrait in black an white(1996) deixanos unha hora de puro jazz no que tamén temos oportunidade de deleitarnos con outros instrumentos como o violín e no que colabora con outros grandes como Jobim. Tocaba para varios club de jazz, se cadra os máis importantes como Blue Note. Pode compararse cos grandes como Bill Evans do que por outra parte foi unha influencia para éste.

martes, 14 de octubre de 2014

Os dereitos humanos téñen que respetarse ainda que exista unha confrontación. Partimos da base doutro dereito: o de manifestación. Esta é a realidade que se está a vivir en México. Concretamente no estado de Guerrero. Tras a desaparición de máis de 40 estudantes e tendo como precedente a morte por parte das forzas de seguridade ( que actúan á marxe da lei) de estudantes da capital, son moitos os que están a pedir explicacións e xustiza. E como contrapartida queimaron o Pazo de goberno do estado de Guerrero.

lunes, 13 de octubre de 2014

Etienne Jaumet convertiuse nun grande da electrónica seguindo ao mestre Steve reich; non obstante este francés conseguiu un selo de identidade propia gracias a traballos como Entropy que comezan con notas industriais minimalistas para dar paso a bases techno. Unha viaxe polo seu universo sonoro pode encallarnos na beira da praia na que disfrutamos dunha rave ou ben transpotarnos a un planeta máis árido e sempre cun ritmo que nos fai transcender os propios acordes que tamén poden ser discordes por momentos. Un ep que non deixa de ser hipnótico e que da fe da entropia entre autor e público.

viernes, 10 de octubre de 2014

Duane Michals retrata en tres fotografías o rostro de Andy Warhol e faino xogando co mvemento de tal forma que na derradeira fotografía apenas se lle ve o rostro. Michals sotén que a secuencia de imaxes confírelle a fotografía maior transcendencia, considerando que suxire moito máis. Estas fotografías foron realizadas no ano 1973. Michals sempre xogou no seu quefacer cos conceptos de real e imaxinario transpasando fronteiras entre o un e o outro. "Non creo no visíbel" afirmaba e desexaba ampliar o potencial cognoscitivo das narracións puramente visuais.

jueves, 9 de octubre de 2014

A fotografía, nalgúns casos , pretende desvelar o estado anímico e ou espiritual de quen está sendo fotografado.  Este é o caso de  Richard Avendon que estuda na Universidade de Columbia en USA, e concretamente estudos de filosofía sendo autodidacta en canto ao traballo fotográfico. Neste destacan fotos de Chaplin pero aqui destacaremos a que capta a Ezra Pound. Un retrato cru que significa ao rostro do poeta e fano de tal xeito que nos desvela unha especie de dor existencial ainda mesmo tendo os seus ollos  pechados; pero éstos non deixan de transmitir dende o interior do seu ser.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Paisaxe erosionados, a terra na súa faceta máis árida, a natureza pura: esto é o que retrata Ansel Adans nas súas fotografías, que datan da primeira metade do século xx. Destacamos Val da Morte, do ano 1948, unha fotografía na que a dureza do chan se transmite a perfección e as súas ondulacións poden asemellarse os surcos dun rostro destruido. Unha peza que é máis orgánica que panorámica( está máis preto do obxectivo)  e que nos fai ser espectadores -como nun voo- das colinas de California. Outra que se lle asemella a esta é o Cañón de Chelly( 1942) que ten máis profundidade de campo, pero que orbita en torno á idea da inmensidade da paisaxe.

martes, 7 de octubre de 2014

Cómo sobrevivir ó tempo, ós bos tempos e pensar que o presente e futuro poden ser igual ou mellor que o que deixamos atrás? Juana Molina leva tocando a guitarra desde cativa- pódense ver as sesións con Charly García- e reinvéntase a cada vez a pesar de que existen notas comúns, un selo de identidade: ela é a protagonista ineludíbel de todas as composicións tanto en decisicións de produción como nas temáticas. Asimesmo o son da súa voz segue a ser o seu máximo significante e ainda que transformada cos anos, non deixa de ser bela ou é-o incluso máis.

lunes, 6 de octubre de 2014

Paint it black ( a banda) crean un potente tema de hc "Past tense future perfect" do albume New Lexicon, que une a súa vida con algo máis grande e mesmo etéreo como poden ser as estrelas e os satélites, que orbitan en torno a nós  máis do que o poida facer un deus creado/imaxinado por nós mesmos. O ritmo aceleradísimo da canción tanto en guitarras como en batería fan que teñamos ganas de saltar ben alto. Unha mensaxe fortemente positiva que remata asumindo que non estarán decaídos ou rotos no futuro  senón que se manterán firmes nas súas crenzas.

viernes, 3 de octubre de 2014

Angus and Julia Stone bríndannos a oportunidade de escoitar voces cálidas, delicadas e completamente sinceiras. Un son de  pop de cámara, no que as relacións son a linguaxe, aquela que deixa ver como nos afectan as filosofías dos outros, esas coas que non estamos de acordo, como o poliamor ( para eles). Memories of an old friend, pode traernos ao presente esas vivencias cos vellos amigos, os que sempre están ainda que non estén e transladarnos ao campo onde se facían picnics no alto da cidade ou ben ás tardes de televisión con clásicos- modernos- fílmicos.

jueves, 2 de octubre de 2014

Achegado ó power pop e mesmo o post punk é It could be real ( Me and the bees, 2010). Unha cápsula de 2 minutos nos que os estribillos levan consigo os rifs de guitarra apresurada e coros que os fan máis disonantes. Un alegato ao esquecemento do mañá coa idea de refrescar a vida e mesmo de casar en modo fantasía, asi como poñerse en mans dun ritual que se transforma en algo cotiá ata facer da nosa propia existencia algo "real ou ben convidar ó outro á propia ensoñación facendo dos soños( como pretensións) un lugar común.

miércoles, 1 de octubre de 2014

Colonia de Reino Unido até 1997, Hong Kong é desde entón Rexión Administrativa da República chinesa ( comunista). Este pais está a ser testemuña dunha das manifestacións máis importantes despois da revolta de Tiananmen( 1989) perpetrada principalmente- como a outra- polo estudantado ao que se unen traballadores e ou simplemente simpatizantes. Reivindican unha apertura do rexime comunista e a independencia de China. Si, os dous factores, e que ben se poden inscribir nun contexto internacional no que se pide máis democracia e a emancipación dos povos.