sábado, 29 de noviembre de 2014

Este autor opta por proporcionarnos medios de análise da escritura entendida ésta como unha acción case performativa. Así o que teriamos enfronte sería unha contraposición de conceptos estando tanto o un como o outro determinados pola súa ausencia ou presencia. Ditos opostos son a base desde a que se criou todo sistema de entendemento. Pero, ademáis, achamos que o que escribimos vén asimesmo do ailleurs do que non se di, do máis alá. E con todo o que nos permite seguir expresándonos e o xogo de atoparse, esto é: atopar o eu que embora vai quedar indescifrado.

jueves, 27 de noviembre de 2014

Unha das mulleres pioneiras no dadaísmo foi Hannah Höch (1889-1978) quen nace e morre en Alemaña. Foi asimesmo unha das primeiras artistas en empregar a fotomontaxe como unha forma para impactar ao público máis que para cambiar as estructuras do sistema(que tamén). E usual que empregue tonos oscuros coa excepción dalgunhas como Wenn die Düfte blühen( 1962) máis colorista. Foi a i guerra mundial o que lle fixo modificar a súa visión do mundo ata ese momento estábel. Durante a ii guerra mundial é considerada bolchevique cultural levando a termo un exilio interior.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Mariko Mori é unha artista xaponesa nada en 1967 que actualmente traballo en Nova Iorque pero que non deixa de traballar sobre a cosmogonía do Xapón. As súas obras, tanto instalacións como pictóricas ( as que lles da forma a través de programas para ordenador) exhalan toda a maquinaria espiritual do seu país de orixe. Nela achamos figuras humanas que son case ciborgs e que se rodean dunha aurea de transcendencia. E isto nun contexto gráfico no que está presente a natureza, tanto imaxinada como real e que fai que nos movamos entre o pasado ancestral e a modernidade.

martes, 25 de noviembre de 2014

A obra de Frida Kahlo componse de máis de 200 pinturas. Ela afirma que nunca quixo pintar soños e que non era conducida para a realización das mesmas por un espíritu de loita. Se cadra sabía que non ían cambiar a maneira de ver o mundo ou enfrentarse a realidade. Inserta no movemento realista nunca deixou de ser surrealista: a maioría dos seus cadros son autorretratos de pequeno tamaño nos que investiga os límites corporais e os mestura con enfermidades por ela padecidas( véxase a colunna que a atravesa nun deles  concretamente en La columna rota). Por isto ela esperaba felizmente a que chegara o final.
A súa obra, ou parte, xorde da visualización de templos da antiguedade clásica, de Grecia, onde as pedras se sosteñen por fricción. Non obstante non traballa só con pedra senón que emprega outros materiais que poderiamos considerar máis cotidianos ( por exemplo o chocolate) para infrinxir na súa construcción unha parcela de ironía que non deixa de ser autoironía. Ela mesma argumenta que lle interesa convertir os rituais cotiás en procesos escultóricos. Ademáis para realizar a súa obra tamén emprega o seu propia corpo ( Loving care) pintando cun tinte na cabeza.

sábado, 22 de noviembre de 2014

It's O.K é un deses temas que quedan no imaxinario da xuventude e que por iso pasan a facer parte dunha etapa da vida. Derraman enerxía positiva, sendo este optimismo unha guía para afrontar situacións adversas. Fai que nos deslicemos polas estradas baleiras en monopatín para experimentar sensacións cheas de adrenalina e liberdade. Unha canción que podemos adicarlla á persoa que máis odiemos no mundo para reafirmanos na nosa ledicia e no noso poder. Un poder que testemuña que o futuro pode ser algo máis que unha intención, pode ser a constatación da felicidade.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Da América de Hollywood chéganos o cinema de Georges Cukor, quen nos proporciona unha liña de distinción e delicadeza. Soubo crear atmósferas sutiles moitas veces inspirado pola pintura do universo femenino. Foi un dos mellores directors de actrices entre elas Katharine Hepburn ou Garbo. Un filme de 1939, Mulleres, dá proba de elo. En xeral cos seus filmes achéganos a un estado mental,a elementos psicolóxicos que nos fan descubrir o ser humano e que nos propoñen unha arte humanista apartándose dos excesos retóricos. Fai, por outa banda, que o cotidiano se volva insólito.
A animación no cinema ten un expoñente primoxenio na figura de Norman Mac-Laren, a quen se consacran os numeros 79 a 81 de Cahiers du cinema. A súa arte non está baseada no realismo senón no imaxinario, realizando creacións ex nihilo que teñen moito de lirismo e que pasa a través da modernidade. Falamos dun cinema sen cámara un no man's land cinematográfico. Para a realización das súas figuras emprega a tinta china ou mesmo a agulla sobre a celulosa explorando a posibilidades do grafismo con deseños non figurativos; Bazin descríbeos na liña do zoomorfismo.
Deulle un novo alento ao wester, falamos de Anthony Mann nacido a comezos do século xx e que con L'homme de la plaine chega a un ponto de non retorno. En Radio cinema de Franza resalta a súa posta en escea, a condensación e precisión da mesma infrinxíndolle un algo que o fai achegarse a perfección polo que , comentan, fixo envellecer a John Ford. Mann conduce o wester ao esencial a través de elementos poéticos de rara intensidade. Relaciona de tal maneira a paisaxe ós actores que provoca un efecto de dramatismo e asimesmo de realismo sen esquecer certas doses de barroquismo.

lunes, 17 de noviembre de 2014

Eisestein declara que nos seus filmes atopamos ideas da psicoanálise plasmadas a través da conxunción por oposición unhas veces por asimilación outras dos seus planos. Montaxe que revela que o cinema ten códigos propios. Con ela pódense crear ideas sucesivas e provocar un movemento de sentimentos. A  viaxe a México proporcionoulle un alento máis grande para tocar temas do seu interese, versando sobre as grandes paixóns humanas que ben poden ser aquelas que nos fan actuar de maneira coletiva emprendendo misións  como pode ser o cambio de sistema de goberno, algo que atopou en México.

viernes, 14 de noviembre de 2014

Abel Gance firma os primeiros filmes históricos no cinema. Os seus métodos de construcción fílmica son  ben orixinais pois emprega varias pantallas para o visionado dos mesmos, tendo que por esto grabar dunha maneira peculiar. Nace no ano 1889 e leva a termo máis dunha decena de películas sendo Napoleón a súa obra máis significativa datada do 1927. Nesa época achégase ao lirismo doutros autores que  admira ( Moussinac por exemplo) traducindo deles esa dimensión caótica. Por outar parte non debemos esquecer o nivel retórico ao que expón ó espectador.

jueves, 13 de noviembre de 2014

É considerado o primeiro documental da historia do cinema. Falamos de Nanouk realizado entre 1920 e 1922 da man de Robert Flaherty. Este filme destila un repecto pola vida e unha admiración pola natureza e os seus misterios. Unha especie de comunicación espiritual emana do mesmo. A temática remite á loita pola supervivencia ( tamén no Home de Arán) e a relación entre o ser humano e a terra. Podemos calificala de anti-epopea, que transforma o tráxico en loita cotidiana e que sinala ós povos primitivos en conxunción co seu entorno a pesar de que dita relación non deixar de ser dolorosa.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Ingmar Bergman pertence a esa xeración que leu a Kierhegaard, Beckett ou George Bataille e que por eso mesmo non sofocaron as súas ansias existenciais e/ ou non levaron ao extremo ás súas desesperacións. Bergman describe ao ser humano nun mundo agnóstico buscando ás veces esa fe perdida: a  de saberse adaptado ao mundo é dicir de atopar o amor e a felicidade. Os seus filmes destacan polo barroquismo con unha densidade plástica suliñábel e en canto ao tratamento temático existen similitudes con Shakespeare ( véxase O séptimo selo, 1956) .

martes, 11 de noviembre de 2014

Stan Getz nace no 1927 ( morre no 1991) en USA vivindo no barrio do Bronx. Ós trece anos xa estaba tocando o saxo e seguiu ata que a morte o alcanzou. Entre as moitas influenzas destacamos aquela da bossa nova, firmando unha contundente Garota de Ipanema. Asimesmo na década dos 50 realiza xiras e a grabación dun disco co Oscar Peterson ( trio) que rezuma ledicia envolvéndonos nun ambiente de xovialidade.- ainda eran novos-, que por outra parte non vai a deixar de proporcionar nos nosos ouvidos. Todo frescura .

lunes, 10 de noviembre de 2014

Sófocles deixa como herdanza sete traxedias; entre elas destaca Edipo polas análises que se fixeron a posteriori, as contemporáneas ( sobre todo da man de Freud). Non obstante na década dos 70 do século pasado houbo un autor francés que lle diu a volta ao mito: Delleuze quen firma xunto con Guatari o chamado Antiedipo. A máquina capitalista xoga coa represión dos mencionados desexos establecendo parámetros de permisión/ represión. Introducen un novo termo, o de desedipizar, é dicir, deixar que a represión dos desexos desapareza.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Amor, violencia, morte: estas son as chaves do lirismo tráxico de Nicholas Ray nacido en 1911. Johnny guitare é a proba de que tamén hai certas doses de realismo, de documentos sociais nas súas obras estando este filme instalado no dominio do folkore do oeste estadounidense e que desvela as intencións de Ray de darlle relevancia ás relacións secretas entre dúas personaxes e mesmo de revelarnos universos íntimos. Pero todo isto levado ao extremo de caer na pardoxa ou no seu caso na catarse ou sufrimento.Velaquí un extracto do diálogo: Johnny: Cantos homes esquciches?/ Vienna: E ti, de cantas mulleres te lembras?.

jueves, 6 de noviembre de 2014

O realismo poético francés de Marcel Carné  exprésase particularmente ben en Quai de Brumes, obra do 1938 basada na novela homónima de Pierre Mac Orlan (1927) e no que colabora Jacques Prévert como xa o fixera en dous filmes anteriores. A evolución do realismo pasa por manter a poesía dos seus diálogos, un certo onirismo dos cafés- tabacs que toca o nihilismo lírico. E deixa espazo para darlle a volta a determinados valores da época que produce unha ética e estética do deterioro. Teñen todos os seus filmes ademáis unha presenza do tráxico no sentido grego do termo, un certo destino agonizador.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Entre os  moitos dos escritores galegos que pasaron tempadas por Madrid está Uxío Novoneyra,  a quen se lle adicaran as Letras Galegas do 2010. Kike Benllock repasa a súa vida nun cómic que titula A voz herdada, no que relata as súas andainas pola capital do estado mentras estaba na universidade e tamén recolle experiencias máis persoais como o namoramento coa que será a súa muller. Co seguinte verso: "Non foron existencias olvidábeis" reclama un canto á vida, a felicidade e asimesmo á importancia do pasado e do recordo e tamén éste: " A forza do noso amor non pode ser inútil"



martes, 4 de noviembre de 2014

Jean Le Gac nace en Franza no ano 1936 e pertence á corrente conceptualista e tamén se adhire ós preceptos da arte narrativa( denominación que provén do medio neoyorkino). Das súas viaxes quedánnos cadernos de notas e diarios íntimos; de feito son estas viaxes a materia da súa arte que recopila nunha edición chamada Cadernos e foron feitos principalmente entre o 68 e 71. O tema fundamental que trata na súa obra e a oposición entre ficción e realidade creando unha personaxe ficticia coa que dialoga chamada Flotent Max. As súas obras fotográficas van acompañadas de textos.
En Murnau ( Alemaña, 1889) todo aquelo que é estraño e invisíbel nas aparencias transfórmase en obxecto fílmico e  non foi ata a edición de Cahiers du cinema que  se constatou este feito. De Alemaña trae ese espíritu romántico e asimesmo, vendo o contexto en que realiza a súa obra, un certo desencanto propio do postnazismo, e  ésta rexida autrora por un certo nihilismo. Con todo cómpre ter moi en conta que nos atopamos ante un cineasta representante primordial do expresionismo constatando nos seus filmes que o ser humano atópase no " inferno terrestre" (  sendo Fausto  ese dialéctica do inferno.)