domingo, 31 de mayo de 2015

Curros adícalle un poema a Rosalía morta: Na tumba de Rosalía. Neste poema recoñécese o afecto que Curros tiña por ela, vindo mesmo de Cuba para cantarlle na súa tumba. En Cuba residía por non atopar traballo na Galiza e desde alí achégase para honora-la. Destila unha morea de sentimento e de consideración que desvela a profunda amizade entre os dous(agora xa fitos do Rexurdimento xunto con Ponda). El ofrécelle flores coas que cubrir a alma. Ofrécelle versos cos que acompañar esa outra existencia. Fala sobre a pedra, que se erosina... e sobre o amor que non morre.
Bos amores é o título dun poema de Rosalía de Castro incluído no libro Follas Novas e nel retrátase un estado ideal onde o amor é o protagonista. Pero non un amor calquera senón o bo amor, aquel que nos dignifica, que nos suaviza que nos fai incluso máis fortes. Aquel que se asemella á primavera en flores e cores e que nos leva por sendas nas que transitar con harmonía. En contrapartida Amores cativos describe outra situación: a dos amores negativos que provocan sofrimento e dor. Desde unha concepción feminista chegamos a conclusión de que estar soa pode ser mellor que embarcarse con amores negativos.

viernes, 29 de mayo de 2015

The Velvet Underground & Nico con portada de Andy Warhol é xa un fito na historia do rock. Todos son grandes temas e respiran moita frescura parecendo mesmo contemporáneos- do século xxi- pois mantén actualidade e tamén un tanto de vangarda ou de modernismo. En Last Days escoitamos unha canción diexética á narración do filme bailada por un dos amigos de Kobain despois de chegar de festa a modo de after na mansión onde residían. El, Kobain estaba preparando un spaguetis pero debido ao seu "posto" rematou por comer uns cereais.

jueves, 28 de mayo de 2015

Frederic Leighton firma Electra at the tomb of Agamenon e retrata unha muller con forza( aquela que ainda conservamos coa dor) na que resalta a túnica negra que a cobre case por completo, tendo o rostro virado cara arriba como clamando ao ceo mentras que, abaixo,  a tomba co corpo inerte do heroe se mantén ao seu carón cunha coluna dórica debuxada nun primeiro plano. Os tons ocres de todo o lenzo rezuman calma e sofisticación aquela do pranto, dos rezos, e tamén a dos recordos. Os seus pés- os dela- están nús tocando o mármore, pétreo, como un suspiro, como a morte.

miércoles, 27 de mayo de 2015

Engels na obra A orixe da familia, a propiedade e o estado, vehicula un discurso arredor da cuestión patriarcal que se quere iniciada co nacemento dos estados, argumentando que a sociedade preestatal era matriarcal e remítenos ao mito de Electra para constata-lo mediante o mito. As Erinias defensoras do dereito matrilineal vengan na mitoloxía grega a morte da súa nai por parte de Orestes. Vemos que na sociedade grega clásica fórxanse as ideas que aínda influencian a nosa sociedade sendo éstas portadoras dun discurso que convida a repensar o presente.

martes, 26 de mayo de 2015

Cando comprendemos o por qué da existencia dalgo- véxase a arte- chegamos a un punto de inflexión no que as coordenadas de espazo- tempo maniféstanse como portadoras dunha experiencia efectiva que nos permite encadrar as ideas para facer repouso na comunicación eficiente, aquela que distingue o verdadeiro do falso. Pois ben é arte o que é verdadeiro. A verdade pode ser entendida como a autenticidade(nun mundo cheo de simulacros) e porta unha concepción universalizante, atendendo as diferenzas, nun todo que pretende ser posto en cuestión.

domingo, 24 de mayo de 2015

A Internacional Situacionista créase como unha organización cuios obxectivos son acabar coa opresora sociedade de clases e co capitalismo e esto acontece nso anos 60 época de revisión do marxismo ou da súa  neovisión. Nun plano máis pragmático son favorabéis a constitución de consellos obreiros que asimesmo nacen a partir do maio do 68 e por outra parte ó seguimento de folgas e á ocupación da Sorbona. Non obstante a IS non vai durar moito por dimisión dalgúns dos seus membros sobre todo polo que respecta a súa oposición á función que debe ter a arte.

sábado, 23 de mayo de 2015

Guy Debord na sociedade do espectáculo analiza as relacións entre o ser humano e a produción de imaxes sendo éstas o resultado dun ataque mediático no que se pretende manipular a información e substitui-la por ditas imaxes para así crear un imaxinario visual no que os patróns patriarcais tamén están presentes(véxase no seu homólogo documental imaxes que van destinadas ao público masculino). Publicado no ano 1967 forma parte das reflexións situacionistas e enmárcase no comezo da postmodernidade, aínda que ten a ver coa avant garde e o marxismo.

miércoles, 20 de mayo de 2015

"Despois de todo esto non está tan mal" ou de como seguir coa dinámica paralizadora da que, por outra parte, pode saír un alto compoñente creativo se dentro da mecánica cotiá hai espazo para a arte, tamén a literaria. E finalmente decidir erguerse da cama, mercar algo de comida, pero finalmente non e afaste ao escuro da habitación na que soan unhas notas desafinadas de guitarra para ter presente ese impulso musical no baleiro dun abandono, tamén espacial e asimesmo mental que nos conduce por roteiros insospeitados, así é esta canción e así está: derrubada.

martes, 19 de mayo de 2015

Popol Uuh é o libro sagrado da comunidade maia kiché composto por relatos que intentan describir a orixe da humanidade. Foi traducido ao alfabeto occidental no século xviii e é un dos escritos que xa pertencen ao cánone literario guatelmalteco-no que convive con obras de autores en língua española e cunha cultura creoula-. Así esta formación do cánone atende tamén as exixencias sociais dun colectivo indíxena que tamén ve na literatura un elemento indispensábel de cohesión social. Estamos perante un exemplo de hibridación (como ocorre en toda América Latina).

domingo, 17 de mayo de 2015

A negritude e algo máis que unha idea é unha ideoloxía na que se retratan identidades múltiples que converxen nun mesmo concepto que reivindica a pertenza a un imaxinario común que pon en cuestión o status quo dominante desde a súa formación é dicir, a supremacía dos brancos- ao cal podemos engadir home e occidental- . Se pensamos en Billy Holiday ésta é unha representante deste movemento que sufre d'ailleurs unha dobre marxinalidade por ser negra e por ser muller nunha sociedade multicultural na que se intenta escoitar múltiples voces e que convivan, todas elas.

sábado, 16 de mayo de 2015

Aviador Dro desde 1979 no estado postfranquista defenden unha concepción da música na que a loita de clases está presente ata o punto de subtitular ó seu grupo co suxerente concepto "obreiros especializados". Un feito que vén de poñer no foco da cuestión a solidaridade cos traballadores e dos traballadores entre eles, os que, unidos, poden fraguar a revolución, como así aconteceu cos soviets da urss- ainda que o que veu despois non teña a ver coa proposta inicial- levando á práctica a teoría comunista e os postulados marxistas.

sábado, 9 de mayo de 2015

Ondas do mar de Vigo é un fito da lírica medieval ( a cultivada ésta en galego-portugués ata o século xiii)destacando nesta cantiga de amigo o feito de estar contextualizada nun espazo no que o mar é o protagonista-lembremos as palabras que din que o mar é o cambio constante- pois aquí o mar é asimesmo o confidente e o lugar da espera. O amigo non está presente, quizais nin tan sequera o coñecemos pero a súa figura é o centro, a causa da acción, o motivo de agardar. Agardar ao amado, ao amigo, sendo a figura feminina a actante, nun acto que é  a espera.
Edipo rei vén á actualidade polo Antiedipo, non osbtante a obra ten interese per se, sen disminuir a importancia da actualización do mito. A través dunha narración aristotélica enfrontámonos á historia sendo lectores onmiscientes que, se dalgún modo poideramos daríamoslle as chaves ao protagonista que sen coñecer tanto coma nós decide o seu funesto final, non dubidariamos en face-lo. Porque dunha traxedia se trata, as persoas retratadas son avocadas ao sufrimento e á morte nunha conxunción de factores que os sitúan como personaxes que teñe o destino prefigurado( Delfos así o afirmou).

viernes, 8 de mayo de 2015

O concretismo que xorde en Brasil liga a poesía e a música nunha relación indisolúbel que responde a postulados artísticos que abandonan o realismo imperante na década dos 50. A poesía concreta está influenciada e producida por unha mímese coa imaxe plástica xurdindo obxectos literarios que tamén son imaxes per se e que van deslucidando todo un entramado de ideas que cruzan fronteiras artísticas facendo delas unha arte total-ou case-na que as formas xeométricas esenciais como a circunferencia teñen protagonismo, subordinando a cor e facendo fincapé na estructura.

jueves, 7 de mayo de 2015

Koolshades é unha canción na que se asubía e faise con todo o ritmo e harmonía posíbel para deixar escoitar en primer plano ás guitarras eléctricas que son por outra parte as grandes protagonistas. Máis de 2 minutos de viaxe a través dun tema na que se intúe a mensaxe, aquela que porta un significado múltiple e que nos fai avanzar cara un lugar descoñecido pero que resulta mesmo agradábel e que magnifica o sentimento de comunidade pola identificación da paisaxe. Son de Baltimore, escena na que se coce moito rock postmoderno, ruidista e alegórico.

miércoles, 6 de mayo de 2015

Ana Hatherly é unha escritora vangardista- das segundas vangardas do século xx- que é representante do experimentalismo. Os seus poemas insértanse no modernismo portugués e atenden a influencias que ván desde Apollinaire ata os anagramas chineses. Estudou cinema en Londres e os elementos que definen a arte cinematográfica tamén están presentes na súa obra. Destacábel é tamén a intención de crear productos que teñen que ver directamente coa súa biografía e o seu nome modulado forma parte da estética de moitos poemas, que responden a postulados innovadores.