jueves, 31 de julio de 2014

Jean Paul Belmondo é un actor francés nacido no 1933 e fetiche de Godard. No filme Ao final da escapada (1959) fixo un fito na historia do cinema francés sendo a película que marcou o inicio da Nouvelle Vague e que foi guionizada por Truffaut e dirixida polo mencionado director.  É un dos actores máis prolíficos franceses protagonizando máis dunha vintena de películas. Xa no ano 1988 foille concedido un César pero éste rechazouno. No 2002 casa cunha muller 24 anos máis xoven que el que formaba parte da súa compañía, tendo en común unha filla.

miércoles, 30 de julio de 2014

En arte, estase a dar unha situación recente e orixinal  que consiste na reutilización de materiais para a construcción das obras. Deste xeito o fai o artista de Corea Yong Ho Hi, quen con neumáticos realiza unha escultura que representa unha besta, un animal salvaxe. Con isto podemos afirmar que  os obxectos domésticos  sofren unha reutilización e que incluso os objets trouvés poden convertirse en obxectos artísitcos( non esquezamos a Marcel Douchamp) nun momento no que así o cotiá chega a ter o valor de obra de arte. En todo caso é a man do artista e os seus significados os que lle atribúen dito estatus.

martes, 29 de julio de 2014

Corea do Norte ameaza con un ataque nuclear ós USA en declaracións feitas polo presidente Kin Jong- Un no parlamento da capital Pyongyang, no 61 aniversario da fin da guerra civil de Corea. Ben é certo que a fin da guerra fría rematou e ese ambiente con un binomio entre ameaza contención tamén con ela pero segue a haber rivalidades entre os USA  e as nacións que aínda se dirixen mediante reximes comunistas. Provocacións por parte de USA, pola colocación dun portavión na fronteira con Corea do sur puideron ser os detonantes desta declaración de intencións do norte.

lunes, 28 de julio de 2014

O grupo Smog é o antecesor do que sería o debut  en solitario de Bill Callahan. Un grupo que se caracteriza polos seus sons envolventes e delicados que apuntalan a herdanza dun sentimento profundo para coa humanidade. De onde herdado? da elocuencia do saber vivir entre cancións que descubren sentimentos. A voz do frontman é seducinte e trasportadora a un lugar sen nome que é o lugar dos soños. Ensoñacións perante unha vida ficticia, a creada pola súa cosmogonía que pon de manifesto un mundo interior cheo de sentimentos. E como non tamén lle cantan ó amor, nas súas diversas formas; un canto que clama e reclama sentir con máis énfase.

domingo, 27 de julio de 2014

India song foi escrita en 1975 por Marguerite Duras. O tempo de rodaxe non foi moi extenso, rematándose en dous meses e rodado en mansións de París; mais o lugar de ficción é Calcuta onde ela estivo na súa adolescencia e para dita rodaxe preferiu non volver senón utilizar tan só os recordos que tiña. A trama do filme resúmese nunha historia de infidelidades,  e concretamente na vida promiscua da esposa do cónsul francés da India, que, cansa da vida aburrida que levaba busca experiencias alleas ó matrimonio.É destacábel en canto á produción que as voces ( en off) foron grabadas antes da rodaxe.

sábado, 26 de julio de 2014

A autora de India Song, Marguerite Duras naceu na Indochina francesa no 1914. As súas obras, como o citado filme, están cheas de referencias a esta colonia francesa, e nela hai unhas constantes que se poden xeneralizar  na temática do amar e ser amado. Politicamente posicionada participou na resistencia francesa contra os nazis e foi axudada por Mitterrand para escapar do país. Volvendo as súas obras vemos a ausencia da nai como factor temático, tamén os inicios na aventura amorosa, e o mundo diplomático como  contexto para o desenvolvemento dos seus filmes( dos que moitos teñen unha novela que os precede). Morre en 1996 en París.

viernes, 25 de julio de 2014

Leonardo da Vinci pinta a Gioconda a comezos do século xvi, concretamente entre 1503 e 1519. Actualmente está no Museo do Louvre en París pois foi adquirida polo rei francés Francisco i de Francia.Tamén é coñecida como A mona Lisa pois representa a  Lisa Gherardini. A pintura está feita con óleo sobre táboa mediante a técnica do sfumato e ten unha extensión de 77x 53. O seu sorriso é o máis famoso da historia da arte (e non deixa de ser enigmático) pois a obra é visitada por millóns de persoas ó ano.

jueves, 24 de julio de 2014

O presidente republicano de Texas, Rick Perry ven de manifestar que, perante o fluxo masivo de inmigrantes de México vai enviar a fronteira miles de militares. Desde Texas sosteñen que así pódese loitar contra os carteles mexicanos. Poucos anos despois da construcción do gran muro que separa México de USA os migrantes seguen a perseguir a se cadra utopía dunha vida mellor. Xa hai case 10 anos no primiero de maio, o subcomandante Marcos, uníase á loita polos dereitos das persoas mexicanas migrantes.   En México a chamada La otra campaña, da que forma parte o ezln, tamén se posiciona a favor do dereito a liberdade de circulación da poboación.

miércoles, 23 de julio de 2014

Baudrillard explica a idea de hiperrealidade. Esto significa que existe unha realidade máis explícita que o real e pon como exemplo a sociedade estadounidense na que a búsqueda por unha perfección no só estética convirte a sociedade nun escenario. Podemos poñer en relación esta idea cos discursos de hollywood que asimesmo crean idearios e concepcións de como debe ser dita realidade. Así a búsqueda dun amor ideal, o corpo ideal , etc. chegando a construir o que el chama simulacros, que son un proceso que afasta a sociedade da vida cotiá , enlazan co discurso da sociedade do espectáculo.

martes, 22 de julio de 2014

Linguaxe e cinema analiza a semiótica do cinema desde postulados estructuralistas. Christian Metz pon de relevo que os significados no cinema veñen dados pola construcción do discurso. Así temos por unha banda a obra de arte en si como parte da estética, e a banda semiolóxica citada. Metz establece a diferenza entre fílmico e cinematográfico, o primiero viría da man desa mensaxe e o segundo sería un conxunto de códigos. Xa cara o final do ensaio afirma que na linguaxe escrita hai un límite de símbolos ( os do alfabeto) e que no cinema esto non é así, xa que hai un ilimitado número de imaxes.

lunes, 21 de julio de 2014

John Coltrane é un dos músicos de jazz máis importantes do século pasado. Naciu nos anos vinte e morreu no 1967 en Nova Yorke. Os seus estilos van dende o hard bop, free jazz ata o jazz modal grabando arredor de 50 discos como figura principal; con todo tamén colaborou con outros grandes coma Miles Davis ou Thelonius Monk. Para moitos a súa obra mestra e A love supreme do 1964. O seu legado non é só musical senón que tamén foi un loitador polos dereitos da minoría negra nos USA. En canto a súa vida privada dicir que casou coa pianista de jazz Alice Coltrane quen morreu bastante máis tarde que el, concretamente no 2007.

domingo, 20 de julio de 2014

Mohoy Nagy, ademáis de fotografías realizou filmes aínda que por éstos non sexa tan coñecido, e son un reflexo da arte que se facía nos anos 20, época de vangardas. Nagy pertenceu a escola da Bauhaus e nas súas curtas vemos a herencia desta. A plasticidade é o elemento que engloba as demáis partes do filme, como trazo e cor, e proba que o cinema non deixa de ser unha arte plástica. Da mesma época e con similitudes temos os filmes de May Ray que ben é certo son máis metafóricos, non tan achegados á pintura abstracta como Nagy. Éste ademáis emprega o movemento das figuras xeométricas para acadar o efecto cinético.

sábado, 19 de julio de 2014

Nos comezos da realización cinematográfica atopamos dúas correntes que marcarían os pasos do que estaba por chegar. Referímonos ás encabezadas polos irmáns Lumirère e a Méliès. Os primieros fixeron un cinema máis próximo ó documental, grabando secuencias nas que por exemplo aparecían obreiros saíndo da fábrica ou trens en movemento. Esta é a corrente documentalista pero, por outra bando vemos o cinema do citado Méliès que facendo uso de filigranas coas imaxes deixa a porta aberta ó cine como construcción doutra realidade, a da súa propia imaxinación. Esta é a vía da ficción, pero dunha  ficción como constructo non coma representación dunha realidade creada.

viernes, 18 de julio de 2014

A Modernidade ven sendo o movemento no que nos atopamos desde a ilustración e as teorías kantianas, nas que se priman os postulados racionalistas, veñen a definila. Con todo, na actualidade estanse a formular teorías como a da postmodernidade, pero outras tamén como a de modernidade líquida. A modernidade líquida de Zygmunt Bauman define un periodo, o actual, no que a identidade se constrúe por diversas canles e en constante mutación xa que habitamos unha época incerta e máis alonxada da loita de clases que a comezos de século ( do xx referímonos) e isto supón que os valores da persoa están precedidos por unha busca constante das coordeadas en cambio.

jueves, 17 de julio de 2014

Á busca do tempo perdido trata sobre a memoria e como ésta se modula á maneira de recordos que proceden de momentos nos que un obxecto material se revela como fornecedor dos mesmos. Eses pequenos detalles que non trasladan a outro tempo e que ven poden ser ora  unha taza de té ora o  olor dunha flor. Marcel Proust fai un exercicio de estilo levándonos a unha prosa abundante, explicativa á esgalla e valente polo que ten de autobiográfica. Podemos dicir que esta novela é costumista pola descripción dun xeito de vida, polo detalle na descripción da mesma pero enlaza coa escritura modernista do século xx.

miércoles, 16 de julio de 2014

O  surrealismo en pintura ten, segundo André Breton, o seu máximo representante en Miró polo seu automatismo psíquico puro que  desenvolve as imaxes que xorden do mundo dos seus soños ou do seu subconsciente achegándose a unhas revelacións que poden ser clasificadas de naifs. Miró nace en Barcelona no ano 1893 e morre no 1983 na illa de Palma. Nos seus comezos como pintor mostra influencias do cubismo, expresionismo e fauvismo pero será a viaxe a París a que dea o xiro cara o surrealismo aínda que pouco despóis vai abandoar este grupo por diferencias sobre todo políticas pois dá un xiro cara convencións menos comunista e máis individualistas.

martes, 15 de julio de 2014

O dadaísmo é o movemento que antecede ó surrealismo e do que éste toma algunhas nocións. Para os dadaístas é esencial rachar cos preceptos derivados da razón e postulan a creación dun ser humano novo que basee o seu ser na liberdade tanto de creación como de existencia. Deste xeito para a creación literaria  a construcción faise a través de escritura automática e nas artes plásticas emprégase o collage ou a fotomontaxe.  O que houbo antes deles non ten interese rompendo con toda tradición non só nas artes senón tamén no xeito de vivir, que tamén ten que ir acorde cos seus postulados.

lunes, 14 de julio de 2014

O termo constructivismo aparece por primeira vez no libro Manifesto Realista de Gabo Dien Aléksei Gan que data de 1920, publicado en Rusia pouco despóis da Revolución de Outubro. Moitos dos seus defensores aliaranse cos bolcheviques ocupando postos en museos e institucións artísticas como é o caso de Rodchenko.A primeira exposición constructivista será no ano 1921 sendo a obra canónica a construcción de Vladimir Tatlin para o Monumento á Terceira Internacional, unha torre de 400 metros de altura con estructura en espiral onde se albergaría a sede da Internacional Comunista e que nunca se chegou a construir, tendo non obstante moita importancia os bocetos.

domingo, 13 de julio de 2014

Hoxe fai 60 anos que morreu Frida Khalo en Coyoacán, barrio da cidade de MéxicoD.F.,  onde tamén se atopa o seu museo. Frida naceu en 1907 e desde moi cedo tivo unha relación co muralista Diego Rivera ( casaron en 1929), ambos militantes do partido comunista. A  obra de Frida  fluctúa entre o  realismo,expresionismo e o surrealismo, estando en contacto cos surrealistas parisinos. Destacan na súa obra  os autorretratos onde se pode apreciar esta mestura de elementos; o primeiro data de 1926 ó que seguiron moitos outros, como A Colunma Rota de 1944. Nos seus lenzos deíxaseve ver a súa orixe  pois en moitos hai motivos da arte popular mexicana.

sábado, 12 de julio de 2014

O museo de Rodin está emprazado nun fermoso xardín que acolle entre outras a escultura do Pensador. Na película de Woody Allen Midnight in Paris aparece unha Carla Bruni que representa o papel de guía por dito museo. Pero volvamos co autor. Éste procede do estilo  neoclásico e é considerado o primeiro escultor moderno formándose na escola de artes decorativas. Ten amplios coñecementos en anatomía e considera que é o artista o quen ten que escoller o obxecto a representar e por esta representación que supón inxectar o seu punto de vista , o obxecto renace creando unha imaxe nova ós ollos do mundo.

viernes, 11 de julio de 2014

Eisenstein da un novo  pulso ás teorías cinematográficas xa  nos anos 20. Para el a non indiferenza da natureza é o que fai posíbel a construcción dun método propio para o cinema, de xeito que entramos na mirada extática( de éxtase) cando contemplamos as leis da natureza que, por ser materia, ten os mesmos sistemas que a nosa materia, a do ser humano. Deste xeito ó coñecérmonos a nós tamén coñecemos a propia natureza. e para isto a montaxe é a fórmula, a esencia do método, que ten que levar aparellada unha reconstrucción da realidade a partires das premisas da Revolución para acadar a expresividade argumentativa e saír de si mesmo.

jueves, 10 de julio de 2014

O Consello de Seguridade da ONU, prevé unha reunión para o día de hoxe debido á escalada da violencia en Gaza, e demandada polo povo palestino , os paises árabes da ONU e o secretario xeral Ban Ki Moon. Este aconselloulle ó presindente de Israel Netanyahu que mantivera o control, un feito que segundo o secretario non se está acadando. O portavoz da armada israelí , Moti Almoz advirte que a operación vaise extender nos vindeiros días baixo o nome de Fronteira de Protección.

miércoles, 9 de julio de 2014

Manhattan de Woody Allen comeza cunha oda á cidade. Así planeamos pola mesma como se ésta fora unha personaxe máis pero ademáis facémolo desde a ficción dentro da ficción convertíndose nunha secuencia metacinematográfica. Neste filme Woody Allen traballa cunha das súas musas: Diane Keaton, da que , no filme, se namora. Pero a historia sentimental non pode ficar aí ó tratarse dun filme deste director pois sempre remata enleando a trama. Feita en 1979, pon de manifesto como a clase media e os seus matrimonios non son máis que unha máscara que agocha relacións subterráneas.

martes, 8 de julio de 2014

No libro" A construcción da personaxe" Stanislavski analiza con teorías e experiencias como se debe formar un actor de teatro. El foi pedagogo e actor na escola rusa e o libro é unha guía que todo actor debe senón seguir ao menos coñecer. Os exercicios que propón están marcados polas vivencias na escola da que como dixen formou parte como aluno e como profesor. Creou un método propio no que se desvela que o actor ten que revivir sentimentos e emocións da súa propia vida para recrear as personaxes. Este método é seguido por importantes actores ó longo de todo o mundo, mesmo en Hollywood como é o caso de Marlon Brandon ( entre outros moitos).

lunes, 7 de julio de 2014

No contexto dunha Francia que perde en torno a 1870 Alsacia e Lorena diante de Alemaña, xorde a idea de celebrar unha exposición universal para devolverlle prestixio ó país.Así, a exposición prevese para 1889 no primeiro centenario da Revolución. O emblema da mesma será a Torre Eiffel, diseñada por Maurice Koechlin e construída por Gustave Eiffel. Foron necesarios 200 obreiros e dous anos de construcción para este monumento feito en ferro e  con 18.000 pezas. Foi durante 41 anos a maior construcción do mundo, sobrepasada no 1930 polo Chrysler Building de N.Y.

domingo, 6 de julio de 2014

As plumas de Montezuma non volverán a México senón que  quedará en Viena debido ó seu fráxil estado. Este tesouro prehispánico é un dos máis importantes conservados e desvela unha parte significativa da estética dos pobos indíxenas, concretamente dos seus dirixentes. Pois ben,  Montezuma pertence á casta Axayacalt e naceu no 1398 morrendo no 1469. Os seus dominios exténdese a Guerrero, Oaxaca, Hidalgo, Puebla e Veracruz. Destaca a construcción durante o seu reinado da cidade de Technotitlán ( actual México City), capital do Imperio Mexica. O seu nome significa, "lugar onde nace o froito do nopal sobre as pedras".

sábado, 5 de julio de 2014

Salvador Dalí sostén que a vida debe ser unha festa contínua. Pois ben, pode ser considerada esta afirmación como unha loa á vida, ó desfrute, a positividade e á continua satisfacción. Drama ou comedia? No cinema plantexáse esta dicotomía e nas máis das veces atopamos que estos dous elementos aparecen xuntos no filme. Que actitudes hai que ter para conmemorar todos os días esa felicidade? Pois isto débeo sacar cadaquén do seu propio interior .... Para a filosofía taoista, dentro de algo bo hai algo malo e á inversa.

viernes, 4 de julio de 2014

Música electrónica é o que realiza Svreca a través de set orixinais e elegantes que deixan unha sensación de viaxar a través do espazo. As composicións son soños, elementos oníricos transformados en música. A mirada é a dun  facedor de experiencias rítmicas que trasladan ó ouvinte a lugares descoñecidos pero que si se poden identificar, lugares que son etéreos e exóticos e que ven poden facer de banda sonora dun filme experimental. Svreca procede do estado español, e este vran actúa en Madrid e Barcelona. Unha boa ocasión de vivir en directo a alquimia do techno.

jueves, 3 de julio de 2014

Arabia Saudí envía 30.000 militares á fronteira con Irak segundo informaba a canle televisiva Al-Arabiya. En Irak levantáronse milicias coa intención de crear un estado islámico máis forte por parte do Estado Islámico de Irak e o grupo insurxente Al- Sham ( ISIS) ,ambos sunitas, que avanzaron en varias cidades desde fai un mes, pretendendo crear un califato. King Abdulah, o presidente de Arabia Saudita realizou dita operación para protexer o seu estado de posibles ataques terroristas. Como se pode ver as fronteiras en Medio Oriente son pontos chave para a seguridade das nacións.

miércoles, 2 de julio de 2014

Interrogarse sobre a función e percepción da arte é a consigna de Loiuse Lawler( nacida en Nova Yorke en 1947)  funcionando como un leitmotiv ó longo da súa obra desde que comezou en 1978 nunha exposición colectiva en Artist Space. A súa idea non é tanto a da composición da obra senón o que lle rodea á mesma. Así sostén que o importante é o contexto na que a arte se realiza; é dicir as consideracións económicas e sociais. Por esta mesma razón, interésase pola relación entre arte e comercio e as súas inauguracións convértense nun acto de relacións públicas remitindo á cultura do espectáculo. A súa instalación do ano 2000 ten un título moi suxerente: Something About Time And Space But I'm Not Sure What It Is e pon en cuestión a diferencia entre reproducción e obra orixinal.

martes, 1 de julio de 2014

A ópera A traviata de Verdi está inspirada na Dama das Camelias de Alexandre Dumas (fillo). Foi estreada en Venecia en 1853. É un drama psicolóxico de caracter intimista, polo que se diferencia do resto de obras do compositor que teñen contextualizacións históricas. Foi a primiera ópera na que se empregaron vestimentas contemporáneas como smokings. A trama sucede na cidade de París e céntrase na vida de Violeta Valery e a súa aventura amorosa con Alfredo Germont. Ela muller liberal, sinte que chegou o verdadeiro amor pero teme que a súa liberdade remate. Finaliza coa morte dela, en mans del. Hoxe represéntase no Palacio de Bellas Artes de México d.f.