lunes, 28 de julio de 2014

O grupo Smog é o antecesor do que sería o debut  en solitario de Bill Callahan. Un grupo que se caracteriza polos seus sons envolventes e delicados que apuntalan a herdanza dun sentimento profundo para coa humanidade. De onde herdado? da elocuencia do saber vivir entre cancións que descubren sentimentos. A voz do frontman é seducinte e trasportadora a un lugar sen nome que é o lugar dos soños. Ensoñacións perante unha vida ficticia, a creada pola súa cosmogonía que pon de manifesto un mundo interior cheo de sentimentos. E como non tamén lle cantan ó amor, nas súas diversas formas; un canto que clama e reclama sentir con máis énfase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario