domingo, 8 de junio de 2014

Jean Vigo é un autor de filmes poéticos que morreu prematuramente cando só tiña trinta anos de idade. No seu legado deixou tres filmes transcendentes( entre eles L'Atalante) pero descubríronse moitos máis guións que nunca chegou a realizar. Vigo tiña relación coa escola constructivista rusa e mesmo o seu director de fotografía era Boris Kaufman, irmán de Vertov. Deste xeito edita as súas películas mediante a montaxe de asociacións provocando un efecto psicolóxico no espectador. Desde 1951 celébrase o Premio Jean Vigo en Francia  para galardoar a novos cineastas. A súa obra agora é de culto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario