miércoles, 25 de junio de 2014

Estamos perante o maior número de refuxiados desde a ii guerra mundial, segundo o informe elaborado na Xornada mundial de refuxiados ( ONU 20 de xuño de 2014). Esto pon de manifesto a  inestabilidade mundial que estamos a sofrer. En total son 51 millóns, dos que 33'3 ficaron no mesmo pais pero lonxe das zonas de conflicto, e o 16% refúxianse en paises veciños. António Gutierres de Nacións Unidas aporta o seguinte dato:  Irán e Pakistán son os paises con maior número de refuxiados. Acollen  máis de 6 millons de refuxiados afganos e éstes cinco anos despois do conflicto aínda non poden regresar os seus fogares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario