sábado, 21 de junio de 2014

As cantigas medievais dos trobadores son un momento chave na consolidación dunha literatura non relixiosa, exceptuando as de santa maría que si o son. Pois ben, as de amor, escarnio e maldicer supuxeron un antes e un despois na literaura galega, que neses anos estaba unida á portuguesa pois parte do actual Portugal era territorio do Reino de Galicia. Na célebre Ai ondas do mar de Vigo atopamos un actante namorado á espera de poder atopar o suxeito dese amor. Unha sinxela cantiga que non deixa de ser profunda e que pon de manifesto que, nesa época, amigo e amado son o mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario