sábado, 7 de junio de 2014

En todo o planeta estase a reclamar unha democracia real. Desde a primavera árabe ata México (declaracións hoxe desde o mundo da cultura) ou Asia( manifestacións na India) os cidadáns queren ser artífices da construcción do devir das súas nacións. Que supón o avanzo democrático? Un exemplo sería a realización de referendums para votar as leis  pero noutros paises consistiría na celebración de eleccións democráticas para elixir goberno. O nivel de democracia é medido por organismos internacionais e desvela que hai un déficit nos paises non occidentais( de onde xorde a democracia). Neste ponto USA preséntase no xogo das relacións internacionais como o axente de expansión da democracia( con todos os custos que esto supón; moitas veces guerra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario