domingo, 29 de junio de 2014

Soledad Vélez é unha cantautora que canta desde o máis profundo sobre experiencias propias transformadas en cancións que deixan pegada; e fano ata o ponto máis interno  reflectindo unha cosmovisión repleta de lugares comúns que comparte co ouvinte. Os seus temas, nos que predomina o son da guitarra acústica, son delicados e transparentes pero a súa voz é forte; sostén  que se sinte máis identificada con ela cando canta que cando fala, é dicir, que lle sae esa digamos "furia" propia.  Ademáis afirma que o que fai non ven inspirado de ninguén senón que é algo que sae así porque ten q saír dese xeito, sen influencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario