lunes, 23 de junio de 2014

Robert Bresson xa é un fito na historia do cinema francés(e internacional). Nas décadas dos 40 e 50 cando el facía os seus filmes consideraba que a escritura cinematográfica estaba cos seus comezos e que non acadara o desenvolvemento final. Para el, que acuña o termo cinema puro, o que ten que facer éste é non mesturar o falso co verdadeiro, formando un mundo coherente.  Sostén asimesmo que o cinema aínda non atopou aos seus poetas e oponse ó cinema como espectáculo e alega o seu amor polo estilo, é dicir, un cinema de autor que neste caso afánase por mostrar perspectivas espirituais das personaxes manifestándose  éstas pola extenuación do mundo material.

No hay comentarios:

Publicar un comentario